Amblimation foi unha produtora de animación británica, subsidiaria de Amblin Entertainment.[1][2] Foi creada por Steven Spielberg en maio de 1989, logo do éxito de Quen enganou a Roger Rabbit? (1988), e despois de rachar a relación de traballo con Don Bluth por mor de diferenzas creativas. Tiña a súa sede no que orixinalmente foi a fábrica D. Napier & Son en Acton, Londres, e tiña un equipo de 250 de membros de 15 nacións diferentes.[3] Só produciu tres longametraxes: An American Tail: Fievel Goes West (1991), We're Back! A Dinosaur's Story (1993) e Balto (1995), todos os cales foron compostos por James Horner e distribuídos por Universal Pictures. A mascota da compañía, Fievel Mousekewitz, aparece no logo da produtora. O estudio pechou logo de só 8 anos de actividade e converteuse nun local de almacenaxe chamado Access Self-Storage. Os 250 membros do equipo de Amblimation uníronse a DreamWorks Animation,[4] que logo foi adquirida en 2016 pola empresa matriz de Universal NBCUniversal por 3,8 mil millóns.[5]

Amblimation
Na rede
IMDB: co0228078 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Filmografía editar

Cinema editar

Data de estrea Título Recadación
22 de novembro de 1991 An American Tail: Fievel Goes West 40,6 millóns de $
24 de novembro de 1993 We're Back! A Dinosaur's Story 9.3 millóns de $
22 de decembro de 1995 Balto 11,3 millóns de $

Televisión editar

Nota: As dúas series de televisión foron coproducidas con Universal Animation Studios.

Notas editar

  1. Hofmeister, Sallie (17 de outubro de 1994). "Hollywood Falls Hard for Animation" – vía NYTimes.com. 
  2. "A look inside Hollywood and the movies" - Los Angeles Times
  3. "Animation Really Keeps Steven Spielberg Moving". 17 de novembro de 1991. Consultado o 30 de maio de 2020 – vía Mcall.com. 
  4. "Film: The Man Who Would Be Walt". archive.nytimes.com. 
  5. James, Meg. "Comcast's NBCUniversal buys DreamWorks Animation in $3.8-billion deal". latimes.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2019.