Amazonas de Dahomey

unidade militar feminina do Reino de Dahomey

As amazonas de Dahomey ou mino (que quere dicir "as nosas nais") foron unha unidade militar composta completamente por mulleres fon do antigo Reino de Dahomey, na actual República de Benín, que durou até finais do século XIX. Foron chamadas así polos europeos e os historiadores por mor da súa semellanza coas míticas amazonas da antiga Anatolia e o mar Negro.

Seh-Dong-Hong-Beh, unha líder das amazonas de Dahomey.

Orixe editar

 
Amazonas de Dahomey arredor de 1890.

O rei Houegbadja (que gobernou dende 1645 até 1685), o terceiro rei de Dahomey, foi o que orixinalmente comezou o grupo que se convertería nas amazonas como un corpo de cazadoras de elefantes chamado o gbeto.[1]

O fillo de Houegbadja, o rei Agaja (que gobernou dende 1708 até 1732) estabeleceu un grupo de gardacostas feminino armado con mosquetes. Os mercantes europeos rexistraron a súa presenza. Segundo a tradición, Agaja desenvolveu o equipo de gardacostas nunha milicia e utilizounas con éxito na vitoria de Dahomey sobre o reino veciño de Savi en 1727.[2] O grupo de mulleres guerreiras recibiu o nome de mino, que quere dicir "as nosas nais" na lingua fon, por parte do exército masculino de Dahomey.[3] Porén, outras fontes suxiren que foi a irmá máis vella do rei Agaja, a raíña Hangbe, a gobernante que estabeleceu a unidade, mais existen dúbidas sobre se a raíña Hangbe realmente existiu.[4]

Durante o goberno do rei Ghezo (que gobernou dende 1818 até 1858), Dahomey volveuse cada vez máis militarista. Ghezo puxo grande importancia no exército, incrementando o orzamento e formalizando a súa estrutura. Mentres que as narrativas europeas refírense ás mulleres soldado como "amazonss", elas chamábanse a si mesmas ahosi (esposas do rei) on Mino (as nosas nais).[2] Os europeos intercambiaron bens como coitelos, baionetas, armas de fogo e utensilios en troques de prisioneiros que Dahomey capturaba durante as súas guerras.[5]

Notas editar

  1. Alpern 1998, p. 20.
  2. 2,0 2,1 Law 1993.
  3. Alpern 1998, p. 44.
  4. Macdonald, Fleur (26 de agosto de 2018). "The legend of Benin’s fearless female warriors". BBC (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  5. Google Cultural Institute (ed.). "Dahomey - Google Arts & Culture" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2018.