Amaro
nome masculino
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Amaro (homónimos).
Amaro é un antropónimo galego de home; non hai certeza da súa procedencia - quizais do celta latinizado amaruos (inmorrente). A forma feminina é Amara. O nome Amaro é especialmente común no noroeste da Península Ibérica: Galicia, Portugal e León[1]. No ano 2014 levaban o nome 99 residentes en Galicia [2].
Noutras linguas
editar- Amar: catalán
- Amaro: castelán, portugués
Personaxes
editar- Santo Amaro, figura relixiosa presente na tradición lendaria celta-galega como santo Amaro, baseada nun peregrino francés a Compostela do século XIII. Tamén podería basearse en:
- Amaro de Anjou (ou San Mauro de Anjou), discípulo de San Bieito de Nursia, e que fundou o primeiro mosteiro bieito da historia de Francia.
- Amaro González, relixioso galego do século XVI.
Notas
editar- ↑ Web do Instituto Nacional de Estadística
- ↑ "IGE". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2018.