Amaral é un cráter do planeta Mercurio. Ten un chan liso, con depósitos importantes o redor do cráter procedentes do material expulsado trala formación do cráter, posúe varios pequenos cráteres secundarios no seu interior e un de tamaño medio que está cara ao norte (preto do bordo), o seu bordo é complexo, con moitos socalcos e chanzos, e sobre todo ten un complexo pico central. O cráter semella visiblemente máis novo cá superficie chea de cráteres que hai en torno a el.[2][3]

Amaral
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Mercurio
Diámetro 108,52 km km[1]
Coordenadas 26,54° S 242,2° O[1]
Procedencia do nome Tarsila do Amaral, pintor brasileiro.[1]

O seu pico central editar

Pero a característica máis interesante de Amaral é o seu pico central. Este pico central está formado en realidade por un conxunto de pequenos picos moi fragmentados o redor dun macizo central máis grande e moito menos fragmentado. As características deste pico central son semellantes ás do cráter Eminescu, o cal posúe grandes formacións de depresións entre os riscos que forman o pico central,[4] esta característica vista en Eminescu é un indicio para a procura destas depresións entre os riscos brillantes de Amaral.[2]

A cor do pico central observada en imaxes realzadas en cor, tamén chama a atención. O pico central de Amaral aparece cun brillante azul en contraste coas tonalidades laranxas do material da superficie que hai nas proximidades.[5] A cor diferente do pico central probablemente indica rochas con diferente composición química respecto das rochas que hai na veciñanza.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Amaral on Mercury". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 08-01-2012. 
  2. 2,0 2,1 NASA/JPL (ed.). "PIA15391: Oh Amaral!". Photojournal. Consultado o 08-01-2012. 
  3. 3,0 3,1 NASA/JPL (ed.). "PIA11771: Amaral's Color Palette". Photojournal. Consultado o 08-01-2012. 
  4. NASA/JPL (ed.). "PIA15246: Hollows on the Hills". Photojournal. Consultado o 08-01-2012. 
  5. NASA/JPL (ed.). "PIA11219: Exploring Mercury’s Surface with MESSENGER’s Color Images". Photojournal. Consultado o 08-01-2012.