Amaro

nome masculino
(Redirección desde «Amara»)

Amaro é un antropónimo galego de home; non hai certeza da súa procedencia - quizais do celta latinizado amaruos (inmorrente). A forma feminina é Amara. O nome Amaro é especialmente común no noroeste da Península Ibérica: Galicia, Portugal e León[1]. No ano 2014 levaban o nome 99 residentes en Galicia [2].

Noutras linguas editar

  • Amar: catalán
  • Amaro: castelán, portugués

Personaxes editar

  • Santo Amaro, figura relixiosa presente na tradición lendaria celta-galega como santo Amaro, baseada nun peregrino francés a Compostela do século XIII. Tamén podería basearse en:
  • Amaro de Anjou (ou San Mauro de Anjou), discípulo de San Bieito de Nursia, e que fundou o primeiro mosteiro bieito da historia de Francia.
  • Amaro González, relixioso galego do século XVI.

Notas editar

  1. Web do Instituto Nacional de Estadística
  2. "IGE". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar