Amalia Carvia Bernal

escritora, xornalista, mestra laica, sufraxista española

Amalia Carvia Bernal nada en Cádiz o 12 de maio de 1861 e finada en Valencia o 7 de marzo de 1949, foi unha escritora, xornalista, mestra laica e masona española considerada xunto a súa irmá Ana Carvia Bernal, pioneira do sufraxismo en España.[1][2][3][4][5]

Modelo:BiografíaAmalia Carvia Bernal
Biografía
Nacemento12 de maio de 1861 Editar o valor en Wikidata
Cádiz, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de marzo de 1949 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaRepublicanismo e feminismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, xornalista de opinión, oradora, pintora, mestra, xornalista Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Crióuse no seo dunha familia humilde no barrio de Hércules de Cádiz. Foi a filla máis vella do matrimonio formado por Manuel Carvia Carneiro, orixinario de Galicia e a onubense Ana Bernal Ramos. O seu pai foi un servente ou peón do Hospital Real. En 1875, o matrimonio xunto as fillas Amalia e Ana e o fillo Manuel, trasladáronse a vivir a casa-portaría da facultade.[3]

Amalia Carvia fixo estudos de primaria e despois tomou clases de pintura, polo que se consideraba pintora, e a súa irmá rematou con boas notas o Bacharelato. O irmán Manuel comezou estudos de Medicina e cando levaba catro anos na universidade, en1887, foi iniciado nos ritos masónicos da loxa Regeneración. Pouco despois, achegóu ás súas irmás á masonaría converténdose nas primeiras mulleras da dita loxa gaditana, xunto Dolores Guillón e Juana Varo, que se iniciaron o mesmo día do mes de maio de 1887.[3] A formación de Amalia Carvia realizóuse no Círculo librepensador Rafael Guillén Martínez, lugar no que leu as súas primeiras obras e poemas. Ela considerábase a filla espiritual de Fermín Salvochea.[6]

Desde 1877 exerceu de mestra racionalista de escolas para nenas nas cidades de Córdoba e Huelva. Trasladouse en 1891 a Huelva onde puxo en marcha a Unión Feminina (1898) para darlle pulo a creación das escolas laicas nesa provincia, convencida da súa importancia para rematar coa desigualdade das mulleres e os prexuízos contra elas, xurdidos da ignoracia e o fanatismo relixioso.[7]

No semanario Las Dominicales del Librepensamiento publicou artigos con observacións precisas sobre a súa idea do valor da masonaría vinculado a emancipación das mulleres. Estas ideas quedaron recollidas no periódico, no que salientaron algúnhas das reflexións de Carvia mostrando unha toma de conciencia dunha parte da masonaría. Esta institución, sería o lugar onde as mulleres, debían buscar amparo e axuda para acadar as súas lexítimas pretensións de liberdade, fraternidade e igualdade, xa que eses valores son defendidos pola masonaría.[8]

Fundou en 1895 a loxa gaditana Hijas de la Regeneración, da man de Ana Carvia, Jacinta Navarro e Belén de Sárraga.[7]Tamén en Cádiz fundou a agrupación de mulleres Concepción Arenal en 1897 que xunto coa Unión Feminina de Huelva, adscribíronse á Asociación Xeral Feminina.[9]

No ano 1900 trasladouse coa súa irmá a Valencia, despois da morte da súa nai. Alí traballou de mestra laica ademais de seguir escribindo en numerosas revistas e diarios. Colaborou na Sociedade Progresiva Feminina, que reclamara o dereito ao voto feminino na mensaxe A los demócratas españoles, asinado por ela e outras mulleres pioneiras do sufraxismo en España.[7]

Na primavera de 1918, as dúas irmás xunto a Ángeles López de Ayala fundaron a Liga Española para o Progreso da Muller, a primeira organizacion feminista de ámbito estatal, da que foi a secretaria.[10][11]A súa pretensión era coordinar a diversos grupos feministas de Barcelona, Madrid, Andalucía e Galicia, e no seu manifesto fundacional enviaron ao Parlamento a petición do voto feminino. Nese contexto, estaba a revista feminista Redención, fundada en 1915 pola súa irmá Ana (que firmaba Ana C. Bernal para resaltar a filiación materna),[12] onde fixo campaña polo sufraxio universal a partir de 1918, con escritos nos que reclamaba o voto para as mulleres e apelándoas a "despoxarse da súa rutineira indiferenza coa cousa pública" e unirse a tódalas mulleres do mundo.[2][13][7][14]

Pode ser considerada, xunto á súa irmá das primeiras sufraxistas do país.[2][15][11]

Foi redactora da revista A Conciencia Libre, fundada en 1896 por Belén de Sárraga[9]e tamén redactora de El Pueblo.[15]

O seu biógrafo Manuel Almisas recolleu máis de 450 artigos seus.[16]

Sempre defensora e loitadora pola igualdade das mulleres, escribeu en 1909:[11]

As mulleres non queremos nin pedestales nin cadeas: xustiza e máis nada. Que se nos conceda a liberdade de acción necesaria para desenvolver as nosas facultades de seres pensantes; que se nos dé a instrución conveniente para poder adquirir a conciencia da nosa misión, como parte integrante da humanidade. Queremos ter o noso «eu».

Tras finalizar a guerra civil, en setembro de 1939, Carvia foi detida por pertencer á Directiva provincial da liga dos Dereitos do Home. O proceso durou varios anos nos que Carvia estivo en arresto domiciliario. Posteriormente foi xulgada por masona, inhabilitándoa para cargos públicos.[2][17]

Faleceu en Valencia o 7 de marzo de 1949.[2]

Premios e recoñecementos

editar

En febreiro de 1934, o Goberno da Segunda República concedeulle a Cruz de Cabaleiro da recentemente creada Orde da República, sendo a única muller da unha ducia de veteranos republicanos aos que se outorgou devandito recoñecemento.[9]

En 2020, con motivo do centenario do movemento sugraxista español, colectivos feministas gaditanos fixeron unha homenaxe as irmás Carvia Bernal e un percorrido histórico polas rúas da cidade.[18]

Desde marzo de 2022 no concello de Chiclana hai unha rúa en honra a Amalia Carvia Bernal, inaugurada con motivo do Día Internacional das Mulleres.[19]

O concello de Cádiz cambiou en 2022 o nome á antigamente denominada como Alameda Marqués de Comillas, que pasou a chamarse Alameda Hermanas Carvia, en honra de Amalia Carvia Bernal e a súa irmá Ana.[20][21]

  1. "Amalia Carvia Bernal". Todos (...) los Nombres_ (en castelán). Consultado o 2024-06-22. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "¿A que nunca habías oído hablar de Amalia Carvia?" (en castelán). 2019-10-25. Consultado o 2021-04-04. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Almisas, Manuel (2020). "La familia Carvia Bernal y la Facultad de Medicina. Una historia de librepensamiento y masonería en el Cádiz de finales del siglo XIX" (2): 1–8. ISSN 2659-4951. Consultado o 2021-04-04. 
  4. Sanfeliu, Luz (2011). "Amalia y Ana Carvia Bernal, maestras laicas y educadoras civicas". Universidad de Burgos: 807–816. ISBN 978-84-694-4490-0. Consultado o 2021-04-04. 
  5. Cádiz, Diario de (2020-01-11). "Cádiz, cuna del movimiento sufragista español" (en castelán). Consultado o 2021-04-04. 
  6. "Amalia Carvia, una de las primeras feministas de España - Diario Área" (en castelán). 2019-10-20. Consultado o 2022-08-07. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Muiña Fernández, Ana (2021). Rebeldes periféricas del siglo XIX (2ª ed.). La linterna sorda. ISBN 978-84-122547-2-3. 
  8. Nuevatribuna (2023-11-02). "Reflexiones masónicas de Amalia Carvia". Nuevatribuna (en castelán). Consultado o 2024-06-23. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Cádiz, Diario de (2021-05-12). "Amalia Carvia, la gaditana más interesante de la historia" (en castelán). Consultado o 2022-08-07. 
  10. "I CENTENARIO SUFRAGISMO ESTADO ESPAÑOL | Hermanas Ana y Amalia Carvia Bernal" (en castelán). 2020-01-08. Consultado o 2022-08-07. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Albéndiz, Manuel Almisas (2021-05-12). "Amalia Carvia, la gaditana más interesante de la historia". Diario de Cádiz (en castelán). Consultado o 2024-06-22. 
  12. Ramos Palomo, María Dolores; Ortega Muñoz, Víctor J. (31 de decembro de 2020). "Mujeres Gladiadoras. Prensa republicana femenina y movilización política en los inicios de la cultura mediática en España (1896-1922)". Revista Internacional de Historia de la Comunicación: 16 a 41. ISSN 2255-5129. 
  13. Lafuente, Isaías (2021). Clara Victoria : la crónica del debate que cambió la historia de las mujeres (Primera edición ed.). ISBN 978-84-08-24918-4. OCLC 1293753366. Consultado o 2022-08-07. 
  14. "Noventa años del voto femenino: así fue la lucha incesante de las mujeres por un derecho fundamental". www.publico.es. 2023-11-19. Consultado o 2024-06-23. 
  15. 15,0 15,1 "Nuestra primera sufragista hubo de pedir misericordia a un tribunal franquista". 24 de maio de 2023. Consultado o 20 de xuño de 2024. 
  16. "Amalia y Ana Carvia Bernal". historiamujeres.es. Consultado o 2024-06-22. 
  17. Almisas Albéndiz, Manuel (2019). ¡Paso a la mujer!: biografía de Amalia Carvia (Cádiz, 1861-Valencia, 1949) : escritora, maestra, laica, librepensadora y feminista. ISBN 978-84-949468-2-0. OCLC 1282158961. Consultado o 2022-08-07. 
  18. Redacción (2020-01-09). "Colectivos feministas gaditanos conmemoran el centenario del movimiento sufragista español con diferentes actos en la capital". DIARIO Bahía de Cádiz (en castelán). Consultado o 2024-06-22. 
  19. Redacción (2022-03-10). "El ayuntamiento de Chiclana inaugura una calle en honor a Amalia Carvia Bernal con motivo del Día de la Mujer" (en castelán). Consultado o 2022-08-07. 
  20. "Desaparece la avenida José León de Carranza de Cádiz" (en castelán). 2022-03-09. Consultado o 2022-12-05. 
  21. "Adiós a la Alameda Apodaca: El 8M se inaugura su nuevo nombre" (en castelán). Consultado o 2022-12-05.