Amador Barcia

guerrilleiro antifranquista galego

Amador Barcia Fernández, coñecido como Xicos, nado en Regoela (Cabanas)[1] en 1917 e finado na Coruña o 23 de febreiro de 2007, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Amador Barcia
Nacemento1917
Lugar de nacementoRegoela
Falecemento23 de febreiro de 2007
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou no grupo que intentou cortar o paso do exército sublevado que desde Ferrol se dirixía cara a Pontedeume. Detido o 4 de setembro de 1936 con varios compañeiros, conseguiu saltar do camión que os conducía ao cemiterio de Sillobre (Fene), onde ían ser fusilados. Formou con familiares e veciños da súa parroquia un dos primeiros grupos guerrilleiros antifranquistas, actuando na zona de Pontedeume ata 1946. O seu grupo axustizou un confidente e dous falanxistas en Cabanas en 1937.[2] O 13 de decembro de 1946 logrou marchar, dende O Vicedo, rumbo a Francia xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Volveu a Galicia en 1972 por pouco tempo e retornou definitivamente en 1982. Finou na Coruña o 23 de febreiro de 2007.[3]

Vida persoal editar

Casou con María Vilar Pereira e foi pai de Libertad Barcia Vilar.

Notas editar

  1. Máiz, Bernardo; op.cit. páx.167
  2. "A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 04 de agosto de 2020. 
  3. La Voz de Galicia, 24-2-2007, p. 47.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bernardo Máiz, Galicia na II República e baixo o franquismo, Xerais, 1988.

Ligazóns externas editar