Alvan (músico)

músico bretón

Alexis Morvan-Rosius, nado en Lorient o 17 de marzo de 1993, é un músico bretón de música electrónica, máis coñecido como Alvan. En 2022, representará a Francia no Festival de Eurovisión xunto ao grupo Ahez.

Alexis Morvan-Rosius
AliasAlvan
Data nacemento17 de marzo de 1993
Nado enLorient
Ocupaciónmúsico
XéneroElectro · Rock
Instrumento(s)voz, guitarra eléctrica, ukelele
Selo(s) discográfico(s)Swap Music
Tempo en activo2016 - actualidade
Na rede
Facebook: AlvanOff Twitter: alvan_music Instagram: alvanmusic Youtube: UC8xMufdcKhTnjU96dPk0k2A TikTok: alvanmusic Twitch: alvanmusic Souncloud: alvan Spotify: 25OslGicPT7wGn5Ovf4Uwx Musicbrainz: 694b7d36-b920-4342-a8e3-aa18947509dd Discogs: 369286 Deezer: 6257124 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Alvan é un músico polinstrumentista, cantante e guitarrista de formación. Malia comezar a facer música en 2011, non se dedicou profesionalmente á súa carreira ata o ano 2015, asociándose á discográfica Flou e posteriormente a Inside Records. En 2016 publicou os seus primeiros álbums, chegando a superar as 100.000 reproducións en Spotify e Soundcloud. Ese mesmo ano gañou o concurso de novos talentos BPM Contest, acadando un contrato con Warner Music Group a través da súa discográfica Elektra Records.[1] Alvan ten participado en diversos festivais, destacando o Trans Musicales de Rennes, La Nuit de l'Erdre e Le Bal du Marquis.[2]

En 2022, anunciou a súa candidatura para representar a Francia no Festival de Eurovisión, nun proxecto conxunto co trío feminino Ahez. Ao ser escollidos como un dos 12 grupos que habían competir no concurso Eurovision France, c'est vous qui décidez 2022,[3] Alvan e Ahez clasificáronse para a final, onde obtiveron o primeiro lugar tanto no voto do xurado como no televoto, gañando o concurso.[4] Esta será a segunda vez que Francia participe cunha canción en bretón, despois de facelo Dan Ar Braz e L'Héritage des Celtes na edición de 1996.

Discografía editar

Albumes editar

  • AP (2016)
  • Home (2016)
  • La Ballade (2017)

Singles editar

  • Dame de cœur (2016)
  • Kangei (2016)
  • Pure (2016)
  • Bodhyanga (2016)
  • Sanzel (2016)
  • Amazone (2017)
  • Damiana (feat. Velvet) (2017)
  • Indolove (feat. Keybeaux) (2019)
  • Move On (2019)
  • Anything (2021)
  • Fulenn (feat. Ahez) (2022)

Notas editar

  1. "Eurovision France 2022 : portrait d’Alvan & Ahez". Eurovision Au Quotidien (en francés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2022. Consultado o 6 de marzo de 2022. 
  2. "Eurovision 2022 : Qui est Alvan, originaire de Rennes et candidat pour représenter la France ?". actuRennes (en francés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2022. Consultado o 6 de marzo de 2022. 
  3. "France: Eurovision France: ‘C’est Vous Qui Décidez’ 2022 Songs Revealed". Eurovoix News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2022. Consultado o 6 de marzo de 2022. 
  4. "Alvan & Ahez to represent France at Eurovision 2022 with "Fulenn"". Eurovision World (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2022. Consultado o 6 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Predecesor:
"Voilà"
Barbara Pravi
 
Francia no Festival de Eurovisión

2022
Sucesor:
"-"
-