Abrir o menú principal

Alfredo de Hildesheim ou Altfrid, nado no ano 800 e finado o 15 de agosto do 874, foi un crego relevante do século IX. Foi bispo de Hildesheim e fundou a abadía de Essen, orixe da cidade actual de Essen. Amais da súa obra intelectual foi un conselleiro preto do rei de Francia Oriental, Lois o Xermánico.

Altfrid
Altfrid Statue am Essener Münster.jpg
Nacementomilenioxuliano
 Colonia
Falecemento15 de agosto de 874
 Hildesheim
NacionalidadeAlemaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote e monxe
Signature of Saint Altfrid 1.png
editar datos en Wikidata ]

A súa festa conmemórase o 15 de agosto.[1] Foi o cuarto bispo de Hildesheim sendo consagrado cara ao ano 845, seguiu a regra de Santo Agostiño e gañou gran fama por pacificar as distintas faccións carolinxias enfrontadas naqueles momentos por controlar o imperio. Atribúeselle o comezo da construción da catedral dedicada á Virxe María de Hildesheim. Crese que morreu mártir.

NotasEditar

Ligazóns externasEditar