Alternaria

xénero de fungos ascomicetos

Alternaria é un xénero de fungos ascomicetos, cuxas especies son coñecidas como importantes patóxenos vexetais. Son tamén alérxenos comúns en humanos, desenvolvéndose no interior de construcións e causando febre do feo, rinite alérxica ou reaccións de hipersensibilidade que por veces levan á asma. Facilmente causan infeccións oportunistas en persoas inmunocomprometidas, como doentes con SIDA.

Existen 299 especies neste xénero;[1] son ubicuas no ambiente e son unha parte natural da flora fúnxica en case calquera lugar, sendo axentes normais de decomposición. As esporas transpórtanse polo ar e poden atoparse no solo e na auga, así coma no interior de habitacións ou en obxectos. As esporas son singulares ou poden formar longas cadeas. Poden desenvolverse en colonias espesas, xeralmente de cor negra ou cinsenta.

Polo menos o 20% da deterioración de produtos agrícolas é causada por especies de Alternaria. Moitos problema de saúde en humanos poden ser causados por estes fungos, os cales se desenvolven na pel e nas membranas mucosas, incluíndo os ollos e o tracto respiratorio. As alerxias son comúns, mais as infeccións serias son raras, excepto en persoas con sistema imunitario comprometido. Porén, as especies deste xénero producen frecuentemente produtores prolíficos de varios compostos tóxicos. Os efectos da maioría destes compostos na saúde animal e vexetal non son ben coñecidos. Os termos alternariose e alternariotoxicose son usados para os problemas causados por fungos deste xénero en humanos e animais.

Non todas as especies de Alternaria son pragas e patóxenos; algunhas mostraron potencial como axentes biolóxicos no control de especies invasoras.

Especies

editar
  1. Kirk PM, Cannon PF, Minter DW, Stalpers JA. (2008). Dictionary of the Fungi. 10th ed. Wallingford: CABI. p. 22. ISBN 0-85199-826-7. 
  2. http://www.springerlink.com/content/y3pv174017281824/ Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Pati, P.K., Sharma, M., Salar, R.K., Sharma, A., Gupta, A.P., and Singh, B. (2008). Studies on leaf spot disease of Withania somnifera and its impact on secondary metabolites. Indian Journal of Microbiology. 48: 432-437

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar