Altair 1
O motor foguete Altair 1, tamén coñecido como Caleb-2 e X-248, foi un motor de propelente sólido desenvolvido por Thiokol. Tiña un impulso específico de 256 segundos (233 s a nivel do mar), cun pulo de 12,40 KN e unha masa de 30 kg baleiro. Medía 0,46 m de diámetro e 1,83 m de altura, funcionando durante 38 segundos. Foi usado como última etapa dos foguetes Atlas-Able, Blue Scout II, Delta A, Delta B e Delta C.[1]
País de orixe | Estados Unidos[1] |
---|---|
Fabricante | Thiokol[1] |
Aplicación | Etapa final[1] |
Estado | Fóra de produción[1] |
Motor de propelente sólido | |
Rendemento | |
Pulo | 12,40 kN[1] |
Impulso específico | 256 s[1] |
Isp (nivel do mar) | 233 s[1] |
Tempo de acendido | 38 segundos[1] |
Dimensións | |
Lonxitude | 1,83 m[1] |
Diámetro | 0,46 m[1] |
Peso seco | 30 kg[1] |
Usado en | |
Atlas-Able, Blue Scout II, Delta A, Delta B, Delta C |