Alqatara Rugby Club Andalucía

O Alqatara Rugby Club Andalucía, denominado Helvetia Rugby por razóns de patrocinio, é un equipo de rugby da cidade de Sevilla que compite na División de Honra B.

Helvetia Rugby
NomeAlqatara Rugby Club Andalucía
Fundación2014
SedeSevilla España
Estadio(s)I.D. La Cartuja
Capacidade1900 espectadores
PresidenteJulio Estalella
AdestradorNicolás Sanfilippo
CapitánBeltrán González
Liga(s)División de Honra B
2015-168º no Grupo C
Casa
Na rede
http://www.helvetiarugby.com/

Historia editar

Malia que o club foi fundado en 2014, a súa orixe está na unión de forzas do Club Amigos del Rugby e o Club Deportivo Mairena que en 2007 xuntaron os seus recursos e ós seus mellores xogadores para competir como un único equipo na segunda división do rugby nacional, mantendo a súa independenza a nivel rexional e de categorías inferiores. Ese único equipo xa tiña entón o patrocinio de Helvetia e como tal foi coñecido. En 2014 o Alqatara foi rexistrado como novo club na Federación Andaluza de Rugby, recibindo a licenza para competir na División de Honra B que foi cedida por parte do Club Amigos del Rugby, e rexistrando tanto ó C.A.R. como ó C.D. Mairena como equipo filiais.

En 2016 o Club de Rugby San Jerónimo, tamén da capital andaluza, pasou a ser o terceiro club filial do Alqatara.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar