Alpes da Alta Provenza

departamento francés
(Redirección desde «Alpes-de-Haute-Provence»)
Alpes-de-Haute-Provence
Escudo
Rexión Provenza-Alpes-Costa Azul
Prefectura Digne-les-Bains
President René Massette (PS)
Distritos 4
Cantóns 30
Concellos 200
Superficie 6.925 km²
Poboación (2004)
 - Total
 - Densidade

146.000 hab.
21 hab./km²
Alpes-de-Haute-Provence-Position.svg
Localización dos Alpes da Alta Provenza en Francia.

Os Alpes da Alta Provenza (04) (en francés Alpes-de-Haute-Provence e en occitano Aups d'Auta Provença) forman un departamento francés situado na Provenza-Alpes-Costa Azul.

Vila de Sisteron
Canón de Verdon
Vila de Moustiers-Sainte-Marie

HistoriaEditar

O departamento dos Alpes da Alta Provenza é un dos 83 departamentos orixinais crados durante a Revolución francesa, o 4 de marzo de 1790 (en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789). Xurdindo a partir da parte norte da Provenza.

En 1793, ao crearse o departamento de Vaucluse, perdeu o cantón de Sault.

O nome inicial do departamento foi o de Baixos Alpes, nome que cambiou a finais da década de 1970, adoptando a forma actual.

DemografíaEditar

Antigamente, a poboación dos Alpes da Alta Provenza estaba repartida de forma regular por todo o departamento. A partir da metade do século XIX, a poboación comenzou a minguar debido ao forte éxodo rural, pasando dos 150.000 habitantes aos 100.000 trala primeira guerra mundial. A partir da década de 1960 a poboación comezou a medrar de novo, pasando dos 84.335 habitantes, en 1954, aos 139.561 habitantes en 1999.

Aínda que o departamento posúe unha poboación aproximada á que tiña fai 150 anos, na actualidade a poboación atópase repartida de xeito irregular. Actualmente, a poboación atópase nos vales e nas dúas cidades principais, Forcalquier, Manosque e Digne-les-Bains, quedando desertas as zonas de montaña.

Os distritos de Barcelonnette e Castellane son os dous distritos máis pequenos da Francia, e tamén os únicos que non chegan ós 10.000 habitantes.

Ligazóns externasEditar