Almonacid de la Cuba

Almonacid de la Cuba (en aragonés: Almonecir de la Cuba) é unha localidade e concello da comarca de Belchite na provincia de Zaragoza. Limita con Belchite, La Puebla de Albortón, Fuendetodos, Azuara, Letux e Lécera.

Modelo:Xeografía políticaAlmonacid de la Cuba
Imaxe

Localización
Mapa
 41°16′46″N 0°47′33″O / 41.2795, -0.7924Coordenadas: 41°16′46″N 0°47′33″O / 41.2795, -0.7924
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
CapitalAlmonacid de la Cuba Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación227 (2023) Editar o valor em Wikidata (4,11 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie55,206425 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude488 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataGregorio Jalle Ruperez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal50133 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE50023 Editar o valor em Wikidata

Páxina webalmonaciddelacuba.org Editar o valor em Wikidata

Toponimia editar

O nome vén da cuba, a presa construída polos romanos no século I da era actual para o aproveitamento do río Aguas (ou río Aguasvivas) afluente do río Ebro e que se segue a empregar a día de hoxe, e sobre a que pasa a estrada CV-645.

O nome de Almonacid vén dun mosteiro da época visigótica, do latín MONASTERIUS a través do mozárabe, como o catalán monestir pero co paso de ST a Z como en Caesaragusta -> Zaragoza.

En fontes musulmás é mencionado como hisn al-Munastir (Al-Udri) ou hisn Bani Jattab (Yakut). En fontes cristiás aragonesas o nome tivo as variantes Almonacir, Almoneçir, Almoniçin e Almonazid. O alcume "de la Cuba" existe xa en 1383. En 1441 aparece Almonecir de la Cuba nun texto sobre unha controversia polos décimos. Sae no Fogache de 1495 como Almonecir de la Cuba.

Historia editar

Al Udri dá unhas informacións interesantes sobre hisn al-Munastir que permiten unha correcta identificación nun texto escrito en árabe:

Entre los districtos de Zaragoza ye lo districto de Balsar, a on se troba lo hisn al-Munastir, que se diz Sudd Bani Djattab. N'este districto bi ha una fuent que da augua en abundancia y tien una entibadera. Quan los habitadors quieren soltar l'augua, la sueltan y quan quieren entibar-la la entiban y no corre. Asinas lo disposoron los antigos y facioron correr l'augua a traviés d'una penya foradada pa entibar-la u fer-la correr. Ye a trenta millas de la ciudat de Zaragoza.

Yakut expón con brevidade que:

Balsand ye un nahiya de Zaragoza, en Al-Andalus. Bi ha un hisn dito Bani-Djattab.

Crese que Almonacid de la Cuba foi conquistado en 1117/1118 por Afonso I de Aragón. Existen referencias escritas ao entibo do río dende 1163, na época do rei Afonso II de Aragón. Existiron dúas probas de expulsión da comunidade musulmá, a primeira, de Ximeno Cornel, que errou, e a segunda, de Pedro Férriz de Sesé, que puido poboar o lugar con cristiáns en 1323 (e mesmo, ata outros autores, antes de 1323).[1]

O monte do Lobo foi unha importante posición da artillaría Republicana durante a batalla de Belchite (1937, no marco da Guerra Civil Española). Está localizado a 2 km ao leste de Almonacid de la Cuba. As covas foron conservadas e están abertas para visitar.

Presa romana editar

A presa romana de Almonacid de la Cuba é a de maior altura de todo o Imperio Romano. Mide 120 de lonxitude, 34 de altura e 27 de anchura, cunha capacidade para 6 000 000 m³ de auga. Empregábase para fornecer auga á poboación e para uso agrícola nunhas 7.000 hectáreas.

Foi construída pola localidade romana de nome descoñecido que existía no actual poboado de Cabezo de Nuestra Señora del Pueyo de Belchite (quizais a antiga Beligio). A presa formou parte do sistema hidráulico construído polos romanos para o cultivo na zona do val do Ebro[2].

Demografía editar

Variación demográfica do concello entre 1991 e 2012
2012 2010 2008 2004 2001 1996 1991
252 280 299 306 325 355 381

Notas editar

  1. (en castelán) Historia de Aragón, dirixida por Eloy Fernández Clemente, La Esfera de los Libros, Madrid, 1ª edición, ISBN 978-84-9734-722-8, páx. 266.
  2. "PRESA ROMANA DE ALMONACID DE LA CUBA catedu.es". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2013. Consultado o 12 de marzo de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar