Almazán, Soria
Almazán é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). En 2012 tiña 5861 habitantes (INE) e ocupa unha superficie de 166,53 km².
Almazán (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Soria | ||||
Capital de | |||||
Capital | Almazán (en) | ||||
Contén a división administrativa | Almazán (en) Balluncar (en) Cobertelada (en) Covarrubias (en) Fuentelcarro (en) Lodares del Monte (en) Q5669664 Tejerizas (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.426 (2023) (32,58 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 166,53 km² | ||||
Altitude | 960 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Xesús de Nazaret | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Antonio de Miguel Nieto (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 42200 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 42020 | ||||
Páxina web | almazan.es | ||||
Historia
editarEn 1375, en Almazán asinouse un acordo de paz entre Castela e Aragón. Pedro IV o Cerimonioso, rei de Aragón, e Henrique II de Castela, rei de Castela.
Juan Furtado de Mendoza, en 1392 era Mordomo maior do Rei Henrique III. O Rei Henrique IV de Castela regálalle a Vila e faille señor da mesma.
A comarca estaba divida en dúas sexmos (división territorial que comprende certo número de pobos asociados para a administración de bens comúns). Había 40 pobos entre os dous sexmos; 24 en terra chaira e 16 na Serra.
A Vila estaba rexida polo Alcalde Maior; axudábanlle seis rexedores (tres da clase de Hidalgos e tres homes bos do pobo)
Almazán era un Marquesado do Conde de Altamira, sendo este un título entroncado na liñaxe dos Furtado de Mendoza.
Natural de Almazán foi Diego Laínez,(1512-1565), relixioso xesuíta español, compañeiro de san Ignacio de Loyola e sucesor seu como xeral da Compañía de Jesús, foi un dos teólogos máis influentes no Concilio de Trento. Naceu en Almazán, estudou filosofía na Universidade de Alcalá de Henares e teoloxía na de París, onde coñeceu a San Ignacio. Fixo os votos xunto con el na igrexa de Montmartre (Francia) en 1534 e foi ordenado, en 1537, en Roma. En 1545 foi enviado como teólogo pontificio ao Concilio de Trento, participando nas súas sesións ata a súa conclusión. A partir de 1556 sucedeu a San Ignacio como xeral da Compañía, á fronte da cal, en Roma, permaneceu ata o seu falecemento.
Demografía
editarEvolución da poboación de: Almazán, Soria desde 2000 ata 2007
| |||||
2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2007
|
5789 | 5794 | 5727 | 5755 | 5786 | 6004 |
Evolución da poboación de: Almazán, Soria desde | |||||
1887 | 1920 | 1960 | 2001 | 2007
| |
2400 | 2707 | 2947 | 4009 | 5546 | 6004 |
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Almazán, Soria |