Alma Deutscher
Alma Isabel Deutscher nada en Oxford en febreiro de 2005 é unha compositora, pianista, violinista e nena prodixio inglesa. Aos seis anos de idade, compuxo a súa primeira sonata para piano. Con sete anos, completou a súa primeira gran composición, a ópera de The Sweeper of Dreams. Ao cumprir os nove anos, escribiu un concerto para violín e orquestra, que se estreou en 2015.[1]
Alma Deutscher | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | febreiro de 2005 |
Basingstoke | |
Nacionalidade | Inglaterra |
Ocupación | compositora, actriz infantil e pianista |
Pai | Guy Deutscher |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Á idade de dez anos, completou a súa primeira longametraxe de ópera, Cinderela, que tivo a súa estrea europea en Viena, o 29 de decembro de 2016 baixo o patrocinio do director de orquestra Zubin Mehta,[2][3] e en xullo de 2017, aos 12 anos, estreouse o seu primeiro concerto para piano, que interpretou a mesma noite que o seu concerto para violín.[4]
NotasEditar
- ↑ "Concerto for violin and orchestra in G",. Consultado o 10 de xullo de 2017.
- ↑ "Website of Cinderella in Vienna production". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2016. Consultado o 7 de maio de 2016.
- ↑ Cinderella, a full-length opera by Alma Deutscher. Consultado o 29 de xullo de 2015.
- ↑ Austrian TV (ORF) report about Alma Deutscher's concert on July 16, 2017. Consultado o 22 de xullo de 2017.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|