Allón, Centroña, Pontedeume
lugar da parroquia de Centroña, no concello de Pontedeume
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Allón.
Allón é un lugar da parroquia de Centroña no concello coruñés de Pontedeume na comarca do Eume. Tiña 45 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 27 eran homes e 18 eran mulleres.
Allón | |
---|---|
Lugar de Allón coa pista deportiva Mestre Álvaro Vázquez Penedo en primeiro termo | |
Parroquia | Centroña |
Concello | Pontedeume |
Coordenadas | 43°24′30″N 8°11′27″O / 43.408265550144, -8.1908930723703Coordenadas: 43°24′30″N 8°11′27″O / 43.408265550144, -8.1908930723703 |
Poboación | 45 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA finais da década de 1970 fíxose neste lugar a pista polideportiva de Centroña que leva o nome do que fora mestre de Centroña e Fillo Predilecto de Pontedeume, Álvaro Vázquez Penedo.
Lugares e parroquias
editarLugares de Centroña
editarLugares da parroquia de Centroña no concello coruñés de Pontedeume | |
---|---|
Allón | Caldagueiro | Castrelo | Centroña | O Portiño | Ventosa | Vizús |