Álvaro Vázquez Penedo
Álvaro Vázquez Penedo, nado en Sedes, Narón o 14 de agosto de 1913 e finado en Pontedeume en 2005, foi un mestre galego que desenvolveu a meirande parte do seu labor profesional en Pontedeume.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de agosto de 1913 Sedes, España |
Morte | 2005 (91/92 anos) Pontedeume, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
Traxectoria académica e profesional
editarEstudou Maxisterio en Santiago de Compostela. Logo dun paso fugaz como mestre polas escolas de Casadelos, Neda e Bardaos, Tordoia, o 11 de novembro de 1934 foi destinado á Escola de Orientación Marítima de Pontedeume, onde permaneceu ata o 31 de agosto de 1967. Neste ano pasa a encargarse da escola unitaria de Centroña, onde permanece ata a súa xubilación en 1983.
Amais dos estudos de Maxisterio, era Diplomado en Formación Profesional (modalidades Administrativa e Orientación Marítima), e en Lingua Francesa pola Universidade da Sorbona de París, onde coñeceu ao pedagogo francés Roger Cousinet co que colaborou no desenvolvemento do método pedagóxico O ensino por grupos.
En 1940 fundou o Colexio Cervantes, máis tarde Colexio Luis Vives, onde impartiu docencia de pedagoxía aos rapaces eumeses que facían Maxisterio por ensino libre.
É autor do libro El románico en la comarca eumesa (1977) e colaborou na Guía Turística da comarca eumesa.
Labor social
editarEn 1939 foi nomeado Delegado Comarcal de Xuventudes, cargo que tivo ata 1965. Durante ese tempo introduce en Pontedeume a práctica de deportes ata entón descoñecidos na vila, crea a Academia de Música que dirixe o músico eumés Antonio Leira Díaz e consegue a construción do Centro da Xuventude.
Na década dos oitenta do século pasado fai xestións para a creación da Sala Prieto Nespereira no Torreón dos Andrade, onde se exhiben 27 gravados cedidos polo pintor.
Recoñecementos
editar- Cruz de Alfonso X, O Sabio.
- Medalla de Bronce de Mutualidades e Coutos Escolares.
- Diploma de Mestre Distinguido.
- Fillo Adoptivo de Pontedeume por acordo da Corporación Municipal en 1967.
- En 1983 o concello dálle o seu nome a unha praza da vila e á pista polideportiva de Centroña.
- Medalla de Bronce de Galicia en 1995.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carlos de Castro Álvarez (2004). "Nombres ilustres en las calles, plazas y jardines de Pontedeume" (PDF). Cátedra (11): 48–49. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xuño de 2012.