Alisma plantago-aquatica

especie de planta

A Alisma plantago-aquatica é unha especie de planta acuática pertencente á familia da alismatáceas.

Alisma plantago-aquatica.
Ilustración.

Descrición editar

É unha planta herbácea perenne que alcanza 10-100 cm de lonxitude cunha raíz fibrosa e bulbosa con varias follas basais de 15-30 cm de lonxitude formando unha roseta, estas son oblongas ou lanceoladas, subcordadas na base con peciolos longos e acanalados parecidos aos do xénero Plantago. O talo floral é triangular e alcanza un metro de altura, xorden directamente da raíz e terminan nunha inflorescencia con pequenas e numerosas flores brancas ou rosadas que se dispoñen nunha panícula piramidal laxa, formando aneis ou feixes ao redor do talo. A corola ten tres pétalos e o cáliz tres sépalos. O froito é un aquenio cunha semente.

Distribución editar

É nativa do Hemisferio Norte, en Europa, Asia e Norteamérica.

Hábitat editar

Medra en lugares húmidos e pantanosos, beiras dos ríos, pozas e encoros.

Etimoloxía editar

A palabra alisma dise provén do celta e significa "auga", en referencia ao seu hábitat onde crece. Os primeiros botánicos nomeárona plantago pola semellanza das súas follas.

Taxonomía editar

Alisma plantago-aquatica foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 342. 1753.[2]

Sinonimia
  • Alisma subcordatum Raf.
  • Alisma plantago-aquatica subsp. michaletii Asch. & Graebn.
  • Alisma paniculatum Stokes
  • Alisma latifolia Gilib.
  • Alisma cordifolium Murray
  • Alisma brevipes Greene
  • Alisma angustifolia Hoppe
  • Echinodorus vulgaris Bubani
  • Alisma verticillatum Dulac
  • Alisma major Gray[3]
  • Alisma orientale (Sam.) Juz. en V.L.Komarov (ed.), Fl. URSS 1: 281 (1934).
  • Alisma flavum Thunb., Fl. Jap.: 153 (1784), nom. illeg.
  • Alisma coreanum H.Lév., Repert. Spec. Nov. Regni Veg. 8: 286 (1910).
  • Alisma jianshiensis J.K.Chen, X.Z.Sun & H.Q.Wang, Wuhan Bot. Res. 1(2): 250 (1983), non latin descr.[4]

Notas editar

  1. https://www.gbif.org/species/2865101
  2. "Alisma plantago-aquatica". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 3 de novembro de 2012. 
  3. Sinónimos en Tela Botánica
  4. "Alisma plantago-aquatica". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 14 de outubro de 2009.