Alicia Magdalena Sintes
Alicia Magdalena Sintes, nada en Sant Lluís (Menorca) en 1969, é doutora en física pola Universidade das Illas Baleares (UIB) e profesora titular universitaria na área de física teórica. A súa investigación céntrase no campo da astronomía de ondas gravitacionais.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 (54/55 anos) Sant Lluís, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade das Illas Baleares |
Director de tese | Jaume Carot (en) |
Actividade | |
Ocupación | físico teórico , investigadora |
Empregador | Universidade das Illas Baleares, profesora universitaria (2002–) Max Planck Institute for Gravitational Physics (en) |
Lingua | Lingua castelá |
Premios
| |
Traxectoria
editarLicenciouse no ano 1992 en física pola Universidade das Illas Baleares. Obtivo o doutoramento en 1996 pola mesma universidade. Continuou como bolseira Marie Curie e máis tarde como investigadora posdoutoral sénior no Albert Einstein Institut, dentro do Instituto Max Planck[2] de Alemaña. Lidera o grupo de física gravitacional na UIB e é secretaria do Instituto de Aplicacións Computacionais e Código Comunitario (IAC3)[3]
As súas actividades de investigación cobren o campo da astronomía de ondas gravitacionais, sendo unha experta na posta a punto de detectores interferométricos, no estudo e procura de estrelas de neutróns e sistemas binarios de buracos negros.[4]
Uniuse á Colaboración Científica LIGO (LSC) e GEO en 1997, e é membro do consello LIGO-LSC e do comité executivo de GEO, así como do Consorcio LISA e do Equipo Científico do Telescopio Einstein. É membro do Instituto de Estudos Espaciais de Cataluña (IEEC), o Instituto Menorquín de Estudos (IME) e investigadora asociada Severo Ochoa no Instituto de Física Teórica (UAM-CSIC) de Madrid.[5][6]
Recoñecementos
editar- 2021 - Elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae.[7]
- 2018 - Nomeada “Filla Predilecta de Sant Lluís”
- 2018 - Membro da “Selección Española de Ciencia 2018” de QUO e CSIC
- 2018 - Premio Bartomeu Oliver 2018 da Obra Cultural Balear[8]
- 2017 - Premio Ramon Llull 2017 do Goberno das Illas Baleares[8]
- 2017 - Premio Medalla de Ouro de Palma 2017[9]
- 2017 - Cogalardonada co premio Princesa de Asturias 2017
- 2016 - Premio Jaume II 2016 do Consell de Mallorca[10]
- 2016 - Galardoada xunto ao resto do equipo LIGO co premio Gruber de Cosmoloxía 2016
Notas
editar- ↑ "Sintes, Alicia M.". Consultado o 7 de marzo de 2019.
- ↑ "Albert Einstein Institute".
- ↑ "Instituto de Aplicaciones Computacionales y Código Comunitario".
- ↑ "Fundación Gadea Ciencia".
- ↑ "Instituto de Estudios Espaciales de Cataluña".
- ↑ "Instituto Menorquin de Estudios (IME)".
- ↑ Carro, Ana (2022-01-11). "“Tenemos que retener el talento que se forma y captar el talento que ha emigrado”". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-01-15.
- ↑ 8,0 8,1 "La doctora Alícia Sintes y el profesor Felip Cirer galardonados con el premio Ramon Llull 2017 del Gobierno de las Islas Baleares - Hemeroteca - Actualidad - Universitat de les Illes Balears". Consultado o 7 de marzo de 2019.
- ↑ "Alicia Sintes y el Ramon Llull, medallas de oro de la ciudad". Consultado o 7 de marzo de 2019.
- ↑ "El grupo de Relatividad y Gravitación recibe el premio Jaume II – LIGO@UIB". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 7 de marzo de 2019.