Alicia Dorado

anarquista galega

Alicia Dorado Viso, nada na Coruña a principios de decembro de 1911[1] e finada na mesma cidade o 10 de xullo de 1937, foi unha anarquista galega.

Infotaula de personaAlicia Dorado
Biografía
Nacementodecembro de 1911 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xullo de 1937 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónanarquista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traballou na fábrica de tecidos La Primera Coruñesa da que foi expulsada pola súa actividade revolucionaria. Despois traballou como panadeira. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasearon ao seu home. Vivía de alugueiro no edificio Villa Rosalía e era amante do anarquista portugués Julio Acevedo Veiga. Foi enlace entre Julio Acevedo e Antonio Fournerakis para a reconstrución da FAI e tiña ocultos na súa casa estes dous dirixentes anarquistas. O 10 de xullo de 1937 a súa casa foi asaltada pola Garda Civil cando estaban agochados nela Acevedo e Fournerakis. No ataque mataron primeiro a Alicia Dorado e a Antonio Fournerakis, mentres Julio Acevedo logrou fuxirr polo tellado e saltar ao balcón do Camiño do Polvorín onde finalmente foi abatido.

Notas editar

  1. El Eco de Galicia, 8-12-1911, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar