Alianza de Esquerdas en Sada
coalición política galega
A Alianza de Esquerdas en Sada foi artellada en xullo de 1935. Agrupaba ao Partido Galeguista, Izquierda Republicana, Unión Republicana e aos sindicatos obreiros. A súa finalidade era loitar “contra a reaición, fascio, guerra e pol-a conquista de unha amnistía para os presos políticos e sociaes” (A Nosa Terra, xullo de 1935). O seu comité electoral, que pasaría a constituír a Fronte Popular, estaba composto por Juan Antonio Suárez Picallo (Secretario Xeral), Luis Castro Álvarez (Secretario de Organización), Gil González Mosquera (Secretario de Propaganda), Eugenio Pazos Pereiro (Depositario), Francisco Fernández Vila, Luis Pita, José Arévalo (Auxiliares).
Alianza de Esquerdas en Sada | |
---|---|
Tipo | organización política |
Data de fundación | xullo de 1935 |
Sede | Sada |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Prensa da época: A Nosa Terra,[cómpre nº de páxina] Ser [cómpre nº de páxina]