Alfredo Caamaño Pato
José Alfredo Manuel Caamaño Pato, coñecido como Alfredito, nado en Negreira en 1897 e finado en Venezuela en 1970, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1897 Negreira, España |
Morte | 1970 (72/73 anos) Venezuela |
Datos persoais | |
Outros nomes | Alfredito |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Elena Suárez Suárez |
Irmáns | Manuel Caamaño Pato |
Traxectoria
editarFillo de Alfredo Caamaño Ferreiro e sobriño de Manuel Caamaño Ferreiro. Foi presidente de Izquierda Republicana de Negreira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presidiu o Comité de Defensa da República de Negreira. Agochouse no Pazo de Cotón; co seu irmán Manuel pasou a Portugal, e por Francia chegou á zona republicana. Xulgado en Compostela por rebelión, foi declarado en rebeldía. Os franquistas detiveron e condenaron á súa muller Elena Suárez Suárez. Foi xuíz de Belchite e ao caer Belchite estivo en Barcelona como xefe de armamento. Ao rematar a guerra marchou á República Dominicana en decembro de 1939.[1] Despois exiliouse en México e finalmente en Venezuela.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Liñares Giraut, X. Amancio (1993). Do Castro, ed. Negreira na guerra do 36. Sada. ISBN 84-7492-656-4.
Ligazóns externas
editar- Alfredito
- Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego
- Alfredo Caamaño Pato na base de datos do proxecto Nomes e voces.