Alfonso Vilachá

adestrador de fútbol galego

Alfonso Vilachá Rodríguez, nado en Cartelle en 1949, é un adestrador de fútbol galego.

Infotaula de personaAlfonso Vilachá
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Cartelle, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , adestrador de fútbol , mestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De profesión mestre, e técnico nacional de fútbol. Adestrou o CD Arenteiro, entre outros clubs. O seu momento máis destacado sucedeu na tempada 1995-96, cando codirixiu o CD Ourense, a canda Antonio Teixidó. O club ourensanista xogaba en Segunda División española.

É membro dunha familia moi vinculada ao fútbol en Ourense. O seu irmán foi presidente do FC Outomuro e levou o servizo de cafetería do estadio do Couto, en Ourense. O seu curmán Pepe Vilachá, tamén é adestrador de fútbol e dirixiu o CD Lemos e o Verín CF, entre outros; tamén o fillo del, Juanjo Vilachá, foi adestrador da Barbadás, do Arnoia ou do Antela, entre outros.

En política, figurou nas listas municipais do PSdeG ás eleccións locais de 2011 en Ourense e non saíu elixido concelleiro. Porén, un ano máis tarde, e logo da dimisión do que ata daquela fora alcalde, Francisco Rodríguez, no marco da operación Pokémon, accedeu ao pleno ourensán.

Obra editar

  • Fútbol base de la escuela a la transición (1992).
  • Disfruta entrenando (1994).
  • Manual de fútbol base; educar, disfrutar y enseñar (2001).
  • Fútbol. Aprender y disfrutar jugando. Con prólogo de Vicente del Bosque (2003).