Verín Club de Fútbol

(Redirección desde «Verín CF»)


O Verín Club de Fútbol é o equipo de fútbol de referencia da vila ourensá de Verín. Fundado en 1971, na actualidade compite no Grupo 1 da Primeira Autonómica de Galicia, e ten uns 300 socios. Con camisola vermella e pantalón azul coma equipación, o Verín CF disputa os seus partidos coma local no estadio José Arjiz, con capacidade para uns 2000 espectadores.

Verín
NomeVerín Club de Fútbol
Fundación1971
EstadioJosé Arjiz,
Verín, Galicia
Capacidade2.000
PresidenteGalicia José Manuel Zubiela Calderón
AdestradorGalicia Diamantino Braz
Liga1ª Autonómica – Grupo 4
2016–1720º (Preferente – Grupo Sur)
PatrocinadorDenominación de Orixe Monterrei
Na rede
http://www.verincf.es/
Titular
Alternativo

Escudo editar

No escudo do Verín CF ocupa un lugar predominante a imaxe do castelo de Monterrei, por riba dunha banda azul, que representa o Támega, río que baña a vila de Verín. No interior da banda azul, un balón de fútbol. No ano 2012 o escudo cambiou a un deseño máis moderno e colorido.

Uniforme editar

O Verín CF viste camisola vermella, pantalón azul e medias vermellas. O segunda equipamento consta de camisola azul, pantalón branco e medias azuis.

Estadio editar

O Verín CF xoga os seus partidos coma local no estadio José Arjiz, inaugurado en 1971, con capacidade para 2000 espectadores. O estadio, situado na estrada de Laza, está ao pé do castelo de Monterrei.

Historia editar

Antes da guerra civil española existiu na vila o Racing Club Verín, e despois da contenda bélica Juan Reigada fundou un novo club, o CD Verín, que xogaba no antigo campo do Toral. De alí trasladouse a actividade futbolística ás instalacións da Granxa.

En 1971 botou a andar o actual Verín CF, que a partir de 1976 pasou a ter como campo de xogo o José Arjiz. Nese mesmo ano, 1976, o Verín CF proclamouse 'campión galego de afeccionados tras superar na final o CCDR Perlío, de Fene, logrando o pase ao Campionato de España, onde caeu eliminado (perdendo por 0-1 na casa e por 5-0 fóra), ante o C.D. Ensidesa de Avilés na primeira rolda. En 1981 ascende por primeira vez á terceira división, categoría en que sumou dez campañas. Tras unha involución a principios dos 90 que mergullou o equipo na segunda rexional, entre 1997 e 2007 o Verín CF desfrutou dos seus mellores anos. Na 2003/04 quedou no 4º lugar da terceira división e conseguiu meterse na fase de ascenso á Segunda División B, sendo eliminado na primeira rolda.

Nos anos seguintes o Verín CF cabalgou entre Terceira e Preferente Autonómica, ata consumar o descenso á categoría provincial en xuño de 2013.

Temporadas disputadas nas distintas categorías

  • Terceira División 10.
  • División Preferente Autonómica: 16.
  • División Primera Autonómica: 17.
Tempada Categoría Posto Outras
competicións
1971-72 Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense
1972-73 Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense 2ª eliminatoria da promoción de ascenso a serie A Rexional
1973-74 Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense
1974-75 Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense 1ª eliminatoria na fase de ascenso á Serie A Rexional
1975-76 Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense Campión galego de afeccionados
1ª rolda do Campionato de España de Afeccionados
1976-77 Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense Semifinais do Campionato Galego de Afecionados
1977-78 Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense ? Semifinais do Campionato Galego de Afeccionados
1978-79 Primeira Autonómica
1979-80 Primeira Autonómica   (ascenso por remodelación de divisións superiores)
1980-81 Preferente Autonómica Sur   (ascenso por remodelación de divisións superiores)
1981-82 Terceira División 20º  
1982/83 Preferente Autonómica Sur
1983/84 Preferente Autonómica Sur
1984/85 Preferente Autonómica Sur
1985/86 Preferente Autonómica Sur
1986/87 Preferente Autonómica Sur 13º
1987/88 Preferente Autonómica Sur 12º
1988/89 Preferente Autonómica Sur 17º
1989/90 Preferente Autonómica Sur 22º  
1990/91 Primeira Autonómica 13º
1991/92 Primeira Autonómica 20º  
1992/93 Segunda Autonómica  
1993/94 Primeira Autonómica
1994/95 Primeira Autonómica
1995/96 Primeira Autonómica
1996/97 Primeira Autonómica
1997/98 Primeira Autonómica  
1998/99 Preferente Autonómica Sur 10º
1999-2000

  (ascenso ó quedar praza libre)

2000/01 Terceira División
2001/02 Terceira División
2002/03 Terceira División 10º
2003/04 Terceira División 4º. 1ª rolda da Fase de Ascenso a 2ª división B
2004/05 Terceira División 20º  
2005/06 Preferente Autonómica Sur 11º Finalista da Copa Deputación
2006/07 Preferente Autonómica Sur   (ascenso ó quedar praza libre) Campión da Copa Deputación.
2007/08 Terceira División 12º
2008/09 Terceira División 14º
2009/10 Terceira División 19º  
2010/11 Preferente Autonómica Sur 4º (play-off de ascenso) Campión da Copa Deputación
2011/12 Preferente Autonómica Sur 12º
2012/13 Preferente Autonómica Sur 18º   Semifinais Copa Deputación
2013/14 Primeira Autonómica   Finalista Copa Deputación
2014/15 Preferente Autonómica Sur  
2015/16 Terceira División 20º  
2016/17 Preferente Galicia Sur
2017/18
2018/19
2019/20
2020/21
2021/22

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Dasairas, X. (1990). 70 anos de fútbol en Verín. Autoedición. 

Ligazóns externas editar