Alfonso Castro Barrós

funcionario e político galego

Alfonso Castro Barrós, nado en Serantes e finado no mesmo concello en outubro de 1935, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaAlfonso Castro Barrós
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Serantes, España Editar o valor em Wikidata
Morteoutubro de 1935 Editar o valor em Wikidata
Serantes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , político , xornalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Secretario xudicial, foi oficial do xulgado de Ferrol en 1906,[1] secretario do xulgado municipal de Neda en 1910[2] e secretario suplente do xulgado de Serantes en 1915.[3] Foi presidente da Sociedad de Agricultores Libertad y Progreso de Serantes dende 1924,[4] e o primeiro director do seu órgano Libertad. Foi vítima dun atentado en febreiro de 1925,[5][6] Foi presidente do Centro Republicano de Serantes que obtivo 8 concelleiros nas eleccións do 12 de abril de 1931.[7] Na República foi elixido presidente do Centro Republicano de Serantes en maio de 1931,[8] foi xuíz municipal de Serantes e presidente de Izquierda Republicana de Serantes. Finou en Serantes a principios de outubro de 1935.[9]

Vida persoal editar

Casou con Amparo Sánchez Martínez.

Notas editar

  1. El Correo Gallego, 4-6-1906, p. 2.
  2. El Correo Gallego, 11-4-1910, p. 2.
  3. El Correo Gallego, 18-4-1915, p. 2.
  4. El Ideal Gallego, 23-12-1924, p. 3.
  5. El Ideal Gallego, 3-3-1925, p. 3.
  6. El Correo Gallego, 4-6-1906, p. 2.
  7. El Correo Gallego, 14-4-1931, p. 1.
  8. El Pueblo Gallego, 17-5-1931, p. 5.
  9. El Correo Gallego, 3-10-1935, p. 2.