Libertad (Serantes)

Libertad foi un semanario editado en Serantes entre 1924 e 1936.

Libertad
LocalidadeFerrol
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Subtitulado Defensor de los intereses de la clase campesina y del pueblo en general. Órgano de la Sociedad de agricultores Libertad y Progreso, foi un periódico quincenal que apareceu en marzo de 1924[1] como órgano da Sociedad de Agricultores "Libertad y Progreso" de Serantes.[2] Estivo dirixido por Alfonso Castro Barrós ata a súa dimisión en maio de 1925.[3] Foi suspendido pola ditadura en 1926. Reapareceu o 4 de marzo de 1930 co título La Liberdad e co subtítulo Periódico independiente.[4] Despois cambiou o subtítulo por Órgano del Partido Republicano de Serantes. Desapareceu en 1936.

Notas editar

  1. El Correo Gallego, 29-2-1924, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 23-9-1924, p. 3.
  3. El Correo Gallego, 29-5-1925, p. 2.
  4. Las Riberas del Eo, 22-3-1930, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar