Alfleda (en inglés: Ælfflæd) (naceu no 654, e morreu c. 714) era filla de Oswiu, rei de Northumbria, e de Eanfleda. Descendía por tanto de dúas casas reais: Bernicia e Deira. Por parte do seu pai era neta do rei Etelfrido, e por parte da súa nai do rei Edwin de Northumbria. Alfleda foi consagrada á relixión desde pequena, por mor dun voto feito polo seu pai[1], e viviu na abadía de Whitby toda a súa vida, converténdose finalmente en abadesa do mosteiro.

Modelo:BiografíaAlfleda

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 654 Editar o valor en Wikidata
Reino de Northumbria, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte713 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Abadía de Whitby, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Whitby Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxa Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa8 de febreiro Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisOswiu de Northumbria Editar o valor en Wikidata  e Eanfleda de Deira Editar o valor en Wikidata
IrmánsOstrida
Aelfwine de Deira
Ecgfrith de Northumbria
Alchfrith de Deira
Aldfrith de Northumbria Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteA Cyclopaedia of Female Biography (en) Traducir
A historical dictionary of British women (en) Traducir, (p.4) Editar o valor en Wikidata

Alfleda viviu case toda a súa vida en mosteiros. Era bastante común no século XII que as mulleres de familias reais se convertesen en monxas; mesmo ás veces as raíñas facíano ao enviuvar, como o fixo a súa nai Eanfleda. O caso de Alfleda é excepcional por ingresar ao mosteiro a unha idade moi temperá, cando aínda non tiña un ano de idade, segundo conta Bede.

Cando Alfleda contaba apenas un ano, o seu pai viuse obrigado a se enfrontar ao poderoso Penda de Mercia que reunira un potente exército para atacar Northumbria. Os numerosos intentos de Oswiu de convencelo por medios diplomáticos e subornos fracasaron, e deu comezo unha guerra na que, contra toda expectativa, a vitoria sorriu aos northumbrianos. Agradecido pola vitoria, Oswiu fundou doce mosteiros e entregou a súa filla a Hilda de Whitby, parente materna da nena, para que fose educada na abadía de Hartlepool. Cando, pouco despois, Hilda abandonou Hartlepool para fundar a abadía de Whitby, levou a Alfleda canda ela.

Á morte de Hilda en 680, a viúva de Oswiu, Eanfleda, maila súa filla Alfleda exerceron como abadesas conxuntas até a morte de Enfleda a finais da década. Eanfleda converteríase entón en abadesa de Whitby até a súa morte no 714. Naquela época, a igrexa de Northumbria era unha institución rica e poderosa, e Alfleda puido relacionarse con algunhas das figuras máis destacadas do seu tempo.

Como membro da familia real northumbriana, Alfleda interveu ocasionalmente na vida política do reino. Segundo a Vida de San Cuthbert, Alfleda estaba preocupada pola cuestión sucesoria durante o reinado do seu irmán Egfrith, xa que este non tiña herdeiros directos e isto podería crear desordes e loitas no reino, polo que convocou o santo para falar do tema. O propio Cuthbert, lémbralle a Alfleda a existencia dun medio irmán, Aldfrido, que por aquel entón se atopaba vivindo en Iona, no reino de Dal Riata. Aldfrith será coroado á morta de Egfrido, que faleceu en guerra contra os pictos.

Trala morte de Aldfrido en 705 reavívase o problema sucesorio, xa que o fillo de Aldfrith, Osred, contaba apenas 8 anos por aquel entón e Edwulfo, ocupou o trono de Northumbria. Finalmente, e grazas á intervención de Wilfrid, arcebispo de Iork, ao que Alfleda apoiou, púidose chegar a un acordo que mantivo a paz no reino e a Osred no trono. Alfleda continuaría sendo unha figura política importante até a súa morte en 714.

Á súa morte foi considerada santa, celebrándose a súa festividade o 8 de febreiro.

  1. de san Nicolás, Fray Pablo (1776). Siglos geronymianos: historia eclesiastica y monastica: parte octava. Imprenta de Bernardo Peralta. p. 393. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar