Alexandre Pires Marceniuk
ictiólogo brasileiro
Alexandre Pires Marceniuk é un ictiólogo brasileiro.
Biografía | |
---|---|
País de nacionalidade | brasileira |
Educación | Universidade Católica de Santos Universidade de São Paulo |
Actividade | |
Ocupación | ictiólogo e profesor universitario |
Empregador | Universidade de Mogi das Cruzes |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Marceniuk |
Traxectoria
editarAlexandre P. Marceniuk fixo a Licenciatura en Ciencias Biolóxicas de 1988 a 1992 na Universidade Católica de Santos e o Mestrado en Ciencias Biolóxicas (Zooloxía) de 1994 a 1997 na Universidade de São Paulo.[1]
É especialista en taxonomía, filoxenia e bioxeografía de peixes mariño-estuarinos, especialmente das especies da familia dos aríidos.[1]
En 2007, xunto co seu colega Naércio Aquino de Menezes, describiu o novo xénero Amphiarius,[2] no seu traballo:
- Marceniuk, A. P. & Menezes, N. A. (2007): "Systematics of the family Ariidae (Ostariophysi, Siluriformes), with a redefinition of the genera". Zootaxa 1416: 1–126.
Na actualidade é profesor da Universidade de Mogi das Cruzes, en Mogi das Cruzes, Estado de São Paulo.
Algúns taxons descritos por Marceniuk
editarAlgunhas publicacións recentes
editarLibro
editar- Alexandre P. Marceniuk & Alexandre W. S. Hilsdorf (2010): Peixes das cabeceiras do Rio Tietê e Parque das Neblinas. Bauru, São Paulo: Canal 6 Editora. ISBN 978-85-7917-130-7.
Artigos
editar- Marceniuk, A. P., Caires, R., Siccha-Ramirez, R. & Oliveira, C. (2016): "Review of the harvestfishes, genus Peprilus (Perciformes: Stromateidae), of the Atlantic coast of South America". Zootaxa 4098 (2): 311–332. (Resume).
- Marceniuk, A. P., Marchena, J. & Betancur-R, R. (2016): "Cathorops festae (Boulenger 1898) (Siluriformes; Ariidae), a valid species from Ecuador and Peru". Zootaxa 4170 (1): 137–148. (Resume).
- Silva, W. C. d., Marceniuk, A. P., Sales, J. B. L. & Araripe, J. (2016): "Early Pleistocene lineages of Bagre bagre (Linnaeus, 1766) (Siluriformes: Ariidae), from the Atlantic coast of South America, with insights into the demography and biogeography of the species". Neotropical Ichthyology 14 (2): e150184. (Texto completo).
- Marceniuk, A. P., Acero P., A., Cooke, R. & Betancur-R., R. (2017): "Taxonomic revision of the New World genus Ariopsis Gill (Siluriformes: Ariidae), with description of two new species". Zootaxa 4290 (1): 1–42. (Resume).
- Alexandre Pires Marceniuk et al. (2019): "The bony fishes (Teleostei) caught by industrial trawlers off the Brazilian North coast, with insights into its conservation". Neotrop. ichthyol. 17 (2): 38 pp. (Texto completo).
Abreviatura
editarA abreviatura Marceniuk emprégase para recoñecer a Alexandre Pires Marceniuk como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Alexandre Pires Marceniuk en escavador.com (en portugués).
- ↑ Amphiarius Marceniuk & Menezes, 2007 no WoRMS. Consultado o 6 de agosto de 2022.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Alexandre Pires Marceniuk |
Ligazóns externas
editar- Alexandre Pires Marceniuk en Biblioteca Virtual da FAPESP (en portugués).
- Alexandre P. Marceniuk Arquivado 06 de agosto de 2022 en Wayback Machine. en sites.google.com (en portugués).