Alexandre Peres Vigo

Profesor, escritor e filólogo galego

Alexandre Peres Vigo, nado en Trasancos en 1982, é un filólogo, escritor e profesor galego.

Modelo:BiografíaAlexandre Peres Vigo
Biografía
Nacemento1982 Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Trasancos, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfiloloxía, docente, escritor Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciouse en Humanidades e doutorouse en Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade da Coruña.[1] É profesor na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.[2] A súa principal liña de estudo é o estereotipo antigalego e a galaicofobia, así como as implicacións literarias, históricas e sociolingüísticas destes fenómenos.[3] Forma parte do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega, UdC (ILLA).[4]

Ten colaborado en revistas da súa especialidade como Revista Galega de Filoloxía ou Madrygal.

Obra colectiva

editar
  • Estudos actuais de lingüística galego-portuguesa (2019). Santiago: Laiovento. ISBN 978-84-8487-439-3.
  • Personaxes da Galiza medieval II (2023). Deputación da Coruña.[6]
  • Os reis e as raíñas da Galiza: 1000 anos dun reino de seu (2023). Sermos Galiza. ISBN 978-84-09-45637-6.

Tese de doutoramento

editar
  • O estereotipo antigalego na literatura española moderna: xénese, desenvolvemento e consolidación (2021). Universidade da Coruña, dirixida por Manuel Ferreiro.[7]
  1. "Alexandre Peres Vigo". O Reino Medieval de Galicia. Consultado o 2024-05-05. 
  2. "Ficha de Alexandre Peres Vigo". pdi.udc.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2024. Consultado o 2024-05-05. 
  3. "Galaicofobia". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-05-05. 
  4. "Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega". illa.udc.gal. Consultado o 2024-05-05. 
  5. Martínez González, Xurxo (Abril, maio, xuño 2024). "Un libro necesario". Grial LXII (242): 88, 89. ISSN 0017-4181. 
  6. "presentación do libro "personaxes da galiza medieval ii"". O Galo. Consultado o 2024-05-05. 
  7. Peres Vigo, Alexandre (2021). "O estereotipo antigalego na literatura española moderna: xénese, desenvolvemento e consolidación". Universidade da Coruña.