Alexánder Doval Expósito
Alexánder Doval Expósito, nado en Oroso o 8 de novembro de 1990, é un político e avogado galego, Alcalde de Oroso dende xuño de 2023 ata a actualidade.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1990 (33 anos) Oroso, España |
Alcalde de Oroso | |
2023 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | político , avogado |
Lingua | Lingua galega |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Traxectoria editar
Nado en Oroso, fillo de pai periodista e nai economista, neto do músico Ricardo Doval Doldán, propietario da Orquesta Los Satélites durante máis de 40 anos.
Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela e en Dereito pola Universidade da Coruña, mestrado en Asesoría Xurídica de Empresa nesta última universidade e MBA (Master Bussines Administration) no IECE.
Afiliado ao PPdeG dende o ano 2007, presidente de Novas Xeracións de Galicia en Oroso entre 2008 e 2017, e membro das Xuntas Directivas de Novas Xeracións provincial, rexional e nacional.
Concelleiro en Oroso dende o 2011, Portavoz dende o 2015, é membro da Xunta Directiva Provincial do Partido Popular da Coruña dende o 2011.
Nas eleccións municipais do ano 2023 obtivo un resultado histórico cunha ampla maioría absoluta recuperando á alcaldía de Oroso tras algo máis de dúas décadas de socialismo, converténdose en xuño de 2023 en Alcalde de Oroso ata a acualidade.
Entre outros cargos ostenta o da presidencia da Asociación de Concellos da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, embro da Comisión de Fondos Europeos da FEMP, Vicepresidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Orodes e membro da directiva da Asociación de Concellos do Camiño Inglés.