Aleocharinae
Rango fósil: Inicios do CenomanianoHoloceno, 98,8 Ma-0 Ma[1]

Aleochara lanuginosa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Staphyliniformia
Superfamilia: Staphylinoidea
Familia: Staphylinidae
Subfamilia: Aleocharinae
Fleming, 1821
Sinonimia
  • Aleocharidae Fleming, 1821[2]

Aleocharinae é unha das maiores subfamilias de escaravellos da familia dos estafilínidos, que contén unhas 12.000 especies. Anteriormente houbo un amplo debate sobre se esta subfamilia merecía o status de familia, pero hoxe considérase unha subfamilia dentro de Staphylinidae.[3][4]

Lomechusa pubicollis vive en formigueiros de Formica rufa

Descrición editar

Os Aleocharinae son xeralmente escaravellos pequenos ou diminutos, xa que poden acadar unha lonxitude máxima duns 10 mm, pero normalmente son de entre 3 e 5 mm e unhas poucas especies de só 1 mm, polo que están entre os escaravellos máis pequenos. O corpo é xeralmentre delgado, a miúdo cunha puntuación densa e fina; a cabeza é máis ou menos redonda e a cor pode ser marrón clara ou escura, marrón avermellada ou negra, ás veces con cores contrastadas vermellas, amarelas e negras.[4]

Anatomía editar

Debido ao tamaño da subfamilia, a súa anatomía é extremadamente variable. Porén, unhas poucas características clave son comúns a todo o grupo. Todos os membros teñen antenas con 10 ou 11 segmentos. A inserción das antenas é posterior ou anterior a unha liña debuxada entre as marxes anteriores dos ollos. Os segmentos tarsais varían de 2-2-2 a 4-5-5.

Distribución e hábitat editar

Están distribuídos por todo o mundo en todos os hábitats terrestres. son comunmente predadores en comunidades do solo e dos leitos de follas caídas, frecuentemente inquilinos en formigueiros e termiteiros ou asociados con fungos.[4]

Ecoloxía editar

Esta subfamilia é común en todos os hábitats terrestres. Recoléctanse usando varios métodos, como o uso de luz ultravioleta, cámaras de emerxencia, peneirando, co uso dun funil Berlese de material orgánico e trampas de pozos.

A bioloxía da subfamilia é complexa. Moitas especies están moi especializadas, e isto fainas máis provclives á extinción. Coñécense na subfamilia formas de vida libre, parasitas, herbívoras, carnívoras, funxívoras, voadoras, camiñadoras, corredoras, nadadoras, sociais e solitarias, pero a súa historia vital é case descoñecida a nivel de especie.

Sistemática editar

Esta subfamilia é unha das máis grandes dos escaravellos, comprendendo 52 tribos, uns 1000 xéneros e unhas 12000 especies descritas. Esta subfamilia é taxonomicamente complicada.[4]

Tribos e xéneros seleccionados editar

Velaquí unha lista de todas as tribos e algúns xéneros seleccionados.[4][5]

Galería editar

Notas editar

  1. Yamamoto, Shûhei; Maruyama, Munetoshi; Parker, Joseph (2016). "Evidence for social parasitism of early insect societies by Cretaceous rove beetles". Nature Communications 7: 13658. PMC 5155144. PMID 27929066. doi:10.1038/ncomms13658. 
  2. Biolib
  3. Newton, A. F., Jr., M. K. Thayer, J. S. Ashe, and D. S. Chandler. 2001. 22. Staphylinidae Latreille, 1802. p. 272–418. In: R. H. Arnett, Jr., and M. C. Thomas (eds.). American beetles, Volume 1. CRC Press; Boca Raton, Florida. ix + 443 p.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 James S. Ashe (1947–2005) Tree of life Arquivado 16 de marzo de 2023 en Wayback Machine. University of Kansas, Lawrence, Kansas, USA
  5. Family-group Names in Coleoptera (Insecta), p. 18
  6. "Crematoxenini Report". Integrated Taxonomic Information System. Consultado o 28 de abril de 2018. 
  7. Kistner D. H. 1990. Cladistic analysis and taxonomic revision of the ecitophilous tribe Ecitocharini with studies of their behavior and evolution (Coleoptera, Staphylinidae, Aleocharinae). Sociobiology (1990). Volume: 17, Issue: 3, Páxinas: 333—480
  8. "Tree of Life, Philotermitini". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2023. Consultado o 23 de xaneiro de 2023. 
  9. "Sceptobiini Report". Integrated Taxonomic Information System. Consultado o 28 de abril de 2018. 
  10. Kistner D. H. 1977. Cladistic analysis and taxonomic revision of the termitophilous tribe Termitopaediini (Coleoptera: Staphylinidae) with remarks on their evolution and the behavior of some species. Sociobiology (1977). Volume: 2, Issue: 4, Páxinas: 297—304

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ferro, M. L., M. L. Gimmel, K. E. Harms, and C. E. Carlton. 2012a. Comparison of the Coleoptera communities in leaf litter and rotten wood in Great Smoky Mountains National Park, USA. Insecta Mundi 259: 1–58. [1]
  • Newton, A. F., Jr., M. K. Thayer, J. S. Ashe, and D. S. Chandler. 2001. 22. Staphylinidae Latreille, 1802. p. 272–418. In: R. H. Arnett, Jr., and M. C. Thomas (eds.). American beetles, Volume 1. CRC Press; Boca Raton, Florida. ix + 443 p.
  • Ashe, J. S. 2005: Phylogeny of the tachyporine group subfamilies and 'basal' lineages of the Aleocharinae (Coleoptera: Staphylinidae) based on larval and adult characteristics. Systematic entomology, 30: 3–37. doi: 10.1111/j.1365-3113.2004.00258.
  • Thomas, J. C. 2009: A preliminary molecular investigation of aleocharine phylogeny (Coleoptera: Staphylinidae). Annals of the Entomological Society of America, 102: 189–195. doi: 10.1603/008.102.0201

Ligazóns externas editar