Aleksandar Marcius

baloncestista

Aleksandar "Sandi" Marcius, nado o 25 de maio de 1990 en Nedelišće, é un xogador profesional de baloncesto croata que xoga no Cáceres Patrimonio de la Humanidad da Liga LEB Ouro. Formado nas universidades de Purdue e DePaul, cunha altura de 2,09 m xoga na posición de pivote.

Sandi Marcius
Cáceres Patrimonio de la Humanidad  – No. 55
Información persoal
Nacemento 25 de maio de 1990 (33 anos)
Iugoslavia Nedelišće, Iugoslavia
Nacionalidade Croacia Croacia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 121 kg (267 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Universidade Purdue (2010−2013)
DePaul (2013−2014)
NBA Draft 2014 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2014
Historial de equipos
GKK Šibenik (2014–2015) HTPL
Sammic ISB (2015–2016) LEB Prata
Cáceres (2016–2017) LEB
Junior Casale (2017−2018) Serie A2
Real Betis (2018–2019) LEB
AB Castellò (2020) LEB
Cáceres CB (2020–presente) LEB

Traxectoria editar

Nado en Nedelišće, Marcius comezou a xogar a baloncesto aos 15 anos. Posteriormente, formouse na Universidade de Purdue (Indiana, Estados Unidos), onde formou parte do elenco dos Boilermakers nas temporadas 2010−11, 2011−12 e 2012−13. Completou a súa formación universitaria na Universidade de DePaul (Illinois, Estados Unidos) xogando para os Blue Demons na tempada 2013−14. Após finalizar a súa etapa universitaria, regresou ao seu país natal onde debutou como xogador profesional. Así, na temporada 2014−15 xogou para o GKK Sibenik da A-1 Liga, a máxima categoría do baloncesto croata.

Na tempada 2015-16 incorpórase ao Sammic ISB da Liga LEB Prata española, onde rexistra medias de 14,9 puntos e 9,3 rebotes por encontro. Logra ser un dos xogadores máis destacados, sendo incluído no quinteto ideal da competición[1] e establecendo a marca histórica de valoración estatística nun só partido con 62. Na seguinte temporada asina polo Cáceres Patrimonio de la Humanidad da Liga LEB Ouro, sendo un dos xogadores máis destacados do equipo e da competición cunhas medias de 13,8 puntos e 7,7 rebotes por encontro, obtendo o Trofeo da afección do Cáceres ao mellor xogador da tempada.

En 2017−18 xogou na LegaDue Gold, segunda división italiana, co Junior Novipiu Casale Monferrato, onde tras perderse os dous primeiros meses de competición por unha lesión no ligamento escafolunar, e posteriormente outro tres meses debido a outra lesión, alcanzou medias de 9,3 puntos e 6,5 rebotes. En setembro de 2018 regresa a España para xogar nas filas do Real Betis Energía Plus da Liga LEB Ouro por unha tempada. Co club sevillano logra o ascenso a Liga ACB, aínda que con menos minutos xogados do habitual, 7,7 minutos por encontro, con 3,6 puntos e 2,3 rebotes de media por xogo. O 22 de xullo de 2019 anúnciase a súa fichaxe polo Leite Río Breogán.[2] Con todo, non se incorporou ao equipo ao non superar o recoñecemento médico, ficando de todos os xeitos no club para a súa recuperación.

Clubs editar

Notas editar

  1. "Quinteto ideal 2015/16: Un nuevo talento vestido de oportunidad". 07−06−2016. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2019. 
  2. "Aleksandar Marcius súmase ao xogo interior do Leite Río Breogán". Breogán. 22−07−2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar