Alejandro Otero
Alejandro Otero Fernández, nado en Redondela o 14 de decembro de 1888 e finado en México o 26 de xuño de 1953, foi un médico e político socialista galego.
Alejandro Otero | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Alejandro Otero Fernández |
Nacemento | 14 de decembro de 1888 |
Lugar de nacemento | Redondela |
Falecemento | 26 de xuño de 1953 |
Lugar de falecemento | Cidade de México |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | político, médico e profesor universitario |
Cónxuxe | Laura Contreras Valiñas Elena Fernández Fernández |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Juan Manuel Otero Milleiro. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela onde foi alumno de Manuel Varela Radío, e exerceu en Granada ata que en 1914 foi nomeado catedrático de xinecoloxía da Universidade de Granada, da que foi elixido reitor en 1932. Foi elixido concelleiro do concello de Granada en 1931, aproveitando o cargo para impulsar o Hospital Clínico de Granada. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo PSOE. Foi encarcerado uns meses durante a Revolución de 1934. Durante a Guerra civil española foi subsecretario de armamento e ao rematar conselleiro do SER. Exiliouse en México, onde chegou vía Nova York en marzo de 1940. En México continuou traballando como médico e colaborou co goberno da República Española no exilio.[1]
NotasEditar
- ↑ Gurriarán, R.: "Un humanista comprometido, con gran capacidade organizativa" Álbum da JAE. CCG.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejandro Otero |
BibliografíaEditar
- Gurriarán, R, (2006). Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado. USC.
- Rodríguez Galdo, María Xosé (2007). "Unha achega a distintas personalidades do exilio galego en México". Claridade (Fundación Luís Tilve). setembro (Especial homenaxe): 69–72. Consultado o 28 de xaneiro de 2021.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- F. Valverde: "Un libro relata la vida del médico republicano Alejandro Otero" El País, 17 de novembro de 2006 (en castelán).