Alejandro Otero
Alejandro Otero Fernández, nado en Redondela o 14 de decembro de 1888 e finado en México o 26 de xuño de 1953, foi un médico e político socialista galego.
Alejandro Otero | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Alejandro Otero Fernández |
Nacemento | 14 de decembro de 1888 |
Lugar de nacemento | Redondela |
Falecemento | 26 de xuño de 1953 |
Lugar de falecemento | Cidade de México |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | político, médico e profesor universitario |
Pai | Juan Manuel Otero Milleiro |
Cónxuxe | Laura Contreras Valiñas Elena Fernández Fernández |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de Juan Manuel Otero Milleiro. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela onde foi alumno de Manuel Varela Radío, e exerceu en Granada ata que en 1914 foi nomeado catedrático de xinecoloxía da Universidade de Granada, da que foi elixido reitor en 1932. Foi elixido concelleiro do concello de Granada en 1931, aproveitando o cargo para impulsar o Hospital Clínico de Granada. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo PSOE. Foi encarcerado uns meses durante a folga xeral revolucionaria de 1934. Durante a Guerra civil española foi subsecretario de armamento e ao rematar conselleiro do SER. Exiliouse en México, onde chegou vía Nova York en marzo de 1940. En México continuou traballando como médico, dirixiu unha rede de asistencia médica para os exiliados españois e as persoas máis desfavorecidas, creada con fondos da Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles. Colaborou co goberno da República Española no exilio.[1]
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejandro Otero |
Bibliografía editar
- Gurriarán, R, (2006). Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado. USC.
- Rodríguez Galdo, María Xosé (2007). "Unha achega a distintas personalidades do exilio galego en México". Claridade (Fundación Luís Tilve). setembro (Especial homenaxe): 69–72.
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Gurriarán, Ricardo. "Alejandro Otero". Álbum da JAE do Consello da Cultura Galega.
- Valverde, Fernando (17/11/2006). "Un libro relata la vida del médico republicano Alejandro Otero" El País (en castelán).
- Ficha en Todos los Nombres (en castelán).