Alejandro Marzoa

director de cinema galego
(Redirección desde «Alejandro Marzoa Blasco»)

Alejandro Marzoa Blasco, nado en Vigo en 1979, é un director de cine galego.

Infotaula de personaAlejandro Marzoa
Biografía
Nacemento1979 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Superior de Cine e Audiovisuais de Cataluña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , guionista Editar o valor em Wikidata

Páxina webalejandromarzoa.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2569676 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Trasládase a Barcelona en 2001 para graduarse na Escola de Cine e Audiovisuais de Cataluña (ESCAC) en 2006, na especialidade de Fotografía. Dirixiu as campañas publicitarias de captación de abonados para o Real Club Celta de Vigo nas tempadas 2009/2010 e 2010/2011. Dende 2008 exerce como docente para a ESCAC (Escola de Cinema de Cataluña).

Filmografía editar

  • Temporada 92-93 (2007), curtametraxe galardoada con 47 premios
  • Padre Modelo (Jet-Films, 2008)
  • Cucharada (BoogalooFilms, 2009)
  • Amistad (BoogalooFilms, 2010)
  • YourLostMemories con Miguel Ángel Blanca (2011)
  • Somos xente honrada (2013)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar