Escola Superior de Cine e Audiovisuais de Cataluña

A Escola Superior de Cine e Audiovisuais de Cataluña (en catalán: Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya) é unha escola de cine de Terrasa. A ESCAC fundouse en Barcelona en 1994 a partir dos estudos do Centre Calassanç de formación profesional.[1] Está adscrita á Universidade de Barcelona e no presente diríxea o produtor de cine Sergi Casamitjana.

Escola Superior de Cine e Audiovisuais de Cataluña
Fachada da ESCAC
Coordenadas41°33′40″N 2°01′13″L / 41.561001, 2.0201981
editar datos en Wikidata ]

Dende a súa fundación, centos de alumnos dunha vintena de nacionalidades diferentes pasaron polas súas aulas. Entre os seus graduados, destacan Juan Antonio Bayona, Kike Maíllo, Mar Coll, Javier Ruiz Caldera, Óscar Faura, Marçal Forés, Aina Calleja, Carlos Catalán, Oriol Capel, Bet Rourich ou Diana Toucedo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar