Alejandro Macías

Alejandro Macías, nado en Ponferrada en 1977, é un xornalista e presentador de televisión.

Infotaula de personaAlejandro Macías
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Ponferrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Alejandro Macías comezou a relacionarse cos medios de comunicación locais dende moi novo, pero non adquire unha formación ata que se licencia en Xornalismo na Universidade Antonio de Nebrija de Madrid.

Entre 1999 e 2000 presentou "Conexión 01", un divulgativo sobre informática e novas tecnoloxías emitido a diario por Telemadrid SAT e semanalmente por Canal Sur 2.

Comezou a desenvolver tarefas de infomación en Televisión Ponferrada e en Cadena SER no Bierzo. En 2000 trasladouse a Santiago de Compostela, onde presentou informativos e dirixiu o departamento de programas en Localia. Entre os espazos que presentou e dirixiu durante os seis anos que permaneciu na canle local destaca "Plató Abierto", un magazine diario de hora e media en directo. En febreiro de 2007 debutou como presentador do programa da TVG Criaturas, un docu-show sobre as relacións entre persoas e animais en Galicia.

O espazo emitiuse en prime time durante varias temporadas con éxito de audiencia e recoñecemento da crítica. Estivo nomeado a mellor programa dúas veces nos Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego e unha a mellor comunicador.

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Título Resultado
2008 Mellor comunicador Criaturas Nomeado