Alejandra Pedrido Alonso, nada en Valencia o 7 de febreiro de 1992, é unha modelo galega.

Infotaula de personaAlejandra Alonso
Biografía
Nacemento(es) Alejandra Pedrido Alonso Editar o valor em Wikidata
7 de febreiro de 1992 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa vida estivo vencellada dende pequena á cidade de Lugo, lugar de orixe dos seus pais, e a Viveiro, onde pasaba os veráns. O seu pai, militar, estivo destinado en Valencia e aí Alonso realizou os seus estudos. Cando facía o bacharelato foi descuberta por un profesional da moda e iniciou o seu percorrido pola pasarela. Fichou pola empresa española Traffic Models[1] e desenvolveu campañas para firmas como Dolce & Gabbana, TopShop, Diane von Furstenberg, Just Cavalli, Yves Saint Laurent, Diesel, Roberto Verino ou Rocco Barocco.

Ao rematar os seus estudos instalouse en Nova York e dedicouse por completo á carreira da pasarela. En febreiro de 2011 gañou o premio á mellor modelo feminina da Cibeles Week, a pasarela de moda máis importante de España. En 2011 foi imaxe de campañas para Armani Exchange, Blanco, Mango, Gucci e Chanel. Ten desfilado en pasarelas de Madrid, París, Nova York ou Milán. Tamén nese ano apareceu na portada da edición rusa da revista Vogue, fotografada por Mariano Vivanco[2].

Vida persoal editar

Practicou o atletismo na súa infancia e mocidade[3].

Notas editar