Aldara
antropónimo feminino
Aldara[1][2] é un nome propio feminino galego. Procede do xermánico ''alds ("tempo") ou hildi ("loita") e waran ("gardar", "protexer").[3] En galego tamén ten as variantes Ilduara e Eldara.[2]
En xaneiro de 2023 existían 1.113 mulleres en Galicia co nome Aldara, cunha media de idade de 15,7 anos.[4] Non hai persoas rexistradas coas variantes Ilduara ou Eldara.
Outras linguas
editar- Aldara: portugués
- Ilduara: castelán, catalán, portugués
Personaxes
editar- Santa Aldara de Celanova, santa galega, nai de San Rosendo de Celanova
Notas
editar- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Aldara". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Nome Aldara na Web do Intituto Galego de Estatística