Abrir o menú principal

Alda Ferreira Pires Barreto de Lara Albuquerque, nada en Benguela o 9 de xuño de 1930 e finada en Cambambe o 30 de xaneiro de 1962, foi unha poeta portuguesa de orixe angolana, coñecida como Alda Lara[1][2].

Alda Lara
Nacemento9 de xuño de 1930
 Benguela
Falecemento30 de xaneiro de 1962
 Cambambe
NacionalidadePortugal
Alma máterUniversidade de Coimbra
Ocupaciónautora, poeta e escritora
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Foi irmá do poeta Ernesto Lara Filho. Recibiu unha educación cristiá. Foi a unha escola feminina en Sá da Bandeira, e despois mudouse a Lisboa, onde concluíu os estudos secundarios[3]. Estudou Medicina na Universidade de Lisboa e a Universidade de Coímbra[4]. Residiu na Casa dos Estudantes do Império (CEI), e colaborou nas actividades do centro. En 1961 regresou a Angola[4].

Comezou a publicar na revista literaria Mensagem, centrada nas colonias africanas. Despois colaborou en Jornal de Benguela, Jornal de Angola e ABC e Ciência.[3] A súa obra foi coñecida despois da súa morte, logo de ser publicada polo seu marido, o escritor de orixe mozambiqueña Orlando Albuquerque.[5], con quen tivo catro fillos. A súa obra fala da maternidade e das súas crianzas, así como da liberdade e a xustiza.[4] Boa parte da súa poesía reflexa a insatisfacción co status quo colonial do Imperio portugués[1].

Despois da súa morte, o concello de Sá da Bandeira (actual Lubango) instituíu o Premio Alda Lara de poesía.

Obra publicadaEditar

PoesíaEditar

  • Poemas (1966, Publicações Imbondeiro)
  • Poesia (1979, União dos Escritores Angolanos)
  • Poemas (1984, Vertente Ltda). Poemas completos[6]

ContosEditar

  • Tempo de chuva (1973, Lobito)[7]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Alda Lara". Nação Ovimbundu.org (en portugués). Consultado o 6 de novembro de 2016. 
  2. Margaret Busby (ed.), Daughters of Africa: An International Anthology of Words and Writings by Women of African Descent from the Ancient Egyptian to the Present, London: Jonathan Cape, 1992; Vintage, 1993.
  3. 3,0 3,1 "Biografia de Alda Lara". Lusophonia Poetica (en portugués). Consultado o 6 de novembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Sheldon, Kathleen (2016). Historical Dictionary of Women in Sub-Saharan Africa (2ª ed.). Rowman & Littlefield. p. 155. ISBN 1442262931. 
  5. "Alda Lara". Infopédia (en portugués). Consultado o 5 de febreiro de 2011. 
  6. "Alda Lara". Lusofonia Poética (en portugués). Consultado o 5 de febreiro de 2011. 
  7. "Quem é quem - Alda Lara". União dos Escritores Angolanos (en portugués). Consultado o 5 de febreiro de 2011. 

Véxase taménEditar