Alcest
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Alcest é unha banda de blackgaze formada no ano 2000 na cidade francesa de Bagnols-sur-Cèze. Esta funciona como un proxecto individual de Stéphane Paut, máis coñecido como Neige. A banda comezou como un proxecto en solitario de black metal que en pouco tempo se converteu nun trío coa publicación da súa primeira maqueta no 2001. Pouco despois, Aegnor e Argoth, os outros dous membros do terceto, abandonaron a banda e deixaron a Neige como músico en solitario. A saída destes dous membros provocou un cambio estilístico, xa que Neige comezou a experimentar e a incorporar elementos de shoegaze e post-rock ao black metal, creando un novo subxénero musical chamado blackgaze arredor do 2005 coa publicación do seu EP Le Secret. Este subxénero será cultivado ata hoxe en día por bandas como Deafheaven, Liturgy, Harakiri For the Sky ou Sylvaine. No 2010 únese á formación o batería Winterhalter despois de 9 anos con Neige como único membro. Alcest publicou seis álbums de estudio; os tres primeiros están escritos integramente en lingua francesa.
Alcest | |
---|---|
Orixe | Bagnols-sur-Cèze, Languedoc-Roussillon, Francia, |
Período | 2000 - presente |
Xénero(s) | Blackgaze, shoegaze, black metal, dream pop, post-metal |
Selo(s) discográfico(s) | Prophecy, Drakkar, Northern Silence, Nuclear Blast Records |
Membros | Neige Winterhalter Indria Saray |
Antigos membros | Aegnor Argoth |
Artistas relacionados | Peste Noire, Phest Mortifera, Amesoeurs, Les Discrets, Perturbator |
Na rede | |
alcest-music.com | |
Álbums de estudio
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Souvenirs d'Un Autre Monde | 2007 | Prophecy |
Écailles de Lune | 2010 | Prophecy |
Les Voyages de L'Âme | 2012 | Prophecy |
Shelter | 2014 | Prophecy |
Kodama | 2016 | Prophecy |
Spiritual Instinct | 2019 | Nuclear Blast Records |
EPs
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Tristesse Hivernale | 2001 | Drakkar |
Le Secret | 2005 | Drakkar |
Le Secret (regrabado) | 2011 | Prophecy |
Splits
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Aux Funérailles du Monde / Tristesse Hivernale | 2007 | Northern Silence |
Les Discrets / Alcest | 2009 | Prophecy |
Directos
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
BBC Live Session | 2012 | Prophecy |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial Arquivado 17 de outubro de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ "Alcest discography". RateYourMusic. Consultado o 2018-10-26.