Alcíone figura da mitoloxía grega, filla de Eolo, dona de Ceix, rei de Traquine.

Alcíone
Herbert James Draper: Alcíone (1915).
PaiÉolo (filho de Heleno)
NaiEnarete e Aegiale
CónxuxeCeix
editar datos en Wikidata ]

Alcíone e Ceix vivían felices, ata que Ceix alertado por un presaxio parte cara Claro para consultar o oráculo de Apolo, durante a viaxe perece nun naufraxio, Alcíone, desesperada, guíndase ao mar. Compadecéndose deles, os deuses, convértenos en martiños peixeiros. Cando Alcíone fixo o seu niño nunha praia as ondas destrúeno, polo que Eolo calmou os ventos e fixo as ondas parar setes días antes e despois do solsticio de inverno, para que ela puidera deixar os seus ovos, eses son os días coñecidos como os días do Alción.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Grimal, Pierre (1981). Diccionario de mitología griega y romana (en castelán). Barcelona: Paidós. ISBN 978-84-7509-166-2. 
  • Metamorfosis de Ovidio (Alianza Editorial); Pseudo-Apolodoro, Biblioteca mitológica (Alianza Editorial)