Albert Claude
Albert Claude, nado o 24 de agosto de 1899 e finado o 22 de maio de 1983, foi un biólogo belga que gañou o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1974.
Albert Claude | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 24 de agosto de 1899 |
Lugar | Longlier (Bélxica) |
Falecemento | 22 de maio de 1983 (84 anos) |
Lugar | Bruxelas (Bélxica) |
Nacionalidade | Belga |
Cónxuxe | Julia Gilder |
Actividade | |
Campo | Bioloxía celular |
Alma máter | Universidade de Liexa |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Fraccionamento celular |
Premios | Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1974) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Estudou medicina na Universidade de Liexa (Bélxica). Durante o inverno de 1928-29 traballou en Berlín, primeiro no Institute für Krebsforschung, e logo no Kaiser Wilhelm Institute de Dahlem. No verán de 1929 uniuse ao Instituto Rockefeller. Mentres traballaba na Universidade Rockefeller nos anos 1930 e 1940, usou o microscopio electrónico para facer imaxes das células co cal profundou o coñecemento científico da estrutura celular e as súas funcións. Tamén desenvolveu un método por centrifugación diferencial, que separa os compoñentes celulares segundo a súa densidade.
O seu gran recoñecemento foi recibir o Premio Nobel en 1974, por ensanchar o coñecemento das células. Compartiu o Premio Nobel cos seus estudantes George Palade e Christian de Duve.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Albert Claude |