Alahis
(Redirección desde «Alahis de Trento»)
Alahis (ou Alagis) foi un duque ariano de Trento e Brescia antes de se converter en rei dos longobardos despois do éxito da súa rebelión en 688. Con todo, non gobernou moito tempo.
Alahis | |
---|---|
Nacemento | século VII |
Lugar de nacemento | Geographical region of Italy |
Falecemento | 689 |
Lugar de falecemento | Cornate d'Adda |
Causa | morto en combate |
Ocupación | aristócrata e monarca |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
A súa primeira rebelión contra o rei Perctarito fracasara, pero o rei capturouno, perdoouno e soltouno. Volveuse rebelar en 688 cando Cuniperto, o fillo de Perctarito, o sucedeu. Forzou a Cuniperto a se exiliar nunha illa no medio do Lago de Como, pero o seu goberno foi gravoso e tiránico, e perdeu o apoio do pobo. Finalmente, en 689, Cuniperto levantouse cos homes do Piemonte e derrotou a Alahis e os homes de Venecia na Batalla de Coronate, nas beiras do Río Adda, nas proximidades de Lodi. Foi vencido e morto na batalla.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Gwatkin, H. M., Whitney, J.P. (ed.) The Cambridge Medieval History: Volume II—The Rise of the Saracens and the Foundations of the Western Empire. Cambridge University Press, 1926.
Outros artigos editar
Reino longobardo | ||
---|---|---|
Segue a: Cuniperto |
Alahis | Precede a: Cuniperto |