Lago Como

(Redirección desde «Lago de Como»)

O Lago Como (italiano Lago di Como, tamén coñecido como Lario) é un lago de orixe glacial na Lombardía, Italia. Cunha área de 146 km², é o terceiro maior lago da Italia, despois do lago Garda e do lago Maggiore. Con 400 metros de profundidade, tamén é un dos máis profundos da Europa. Varenna, Lierna, Bellagio, Menaggio, Limonta e Tremezzo forman a área xeográfica do Lago de Como central, considerada a máis icónica e exclusiva do lago Como, e inclúe só as aldeas que teñen vista á península de Bellagio.

Lago Como visto desde a cidade de Como

O lago ten a forma característica dun "Y" de cabeza para baixo. A parte norte comeza na cidade de Colico, e as cidades de Como e Lecco sitúanse nas partes suroeste e sueste, respectivamente. O lago Como é alimentado en gran parte polo río Adda, que entra no lago próximo a Colico e sae do lago en Lecco. Esta situación xeográfica torna o lado suroeste do lago unha rúa sen saída, o que fai que Como, contrariamente a Lecco, sufra frecuentemente con enchentes.

O nome do lago editar

  • O verdadeiro nome en italiano é Lario, mais tal nome é raramente empregado; é chamado normalmente de lago di Como.
  • Como a cidade de Como é referenciada soamente por Como, o lago nunca é chamado soamente polo seu nome. Entre tanto, tal non é o caso doutro lago italiano, o lago Garda. Mesmo sendo Garda unha cidade ás súas marxes, do mesmo modo que Como é unha cidade á beira do lago de Como, pódese simplemente chamar o lago de "Garda".

Historia editar

Durante a Roma antiga, o lago estendiase até Samolaco. Os romanos chamábanlle lacus larius.

Cidades á beira do lago editar

Marxe oeste (do sur para o norte) editar

Beira leste (do sur para o norte) editar

Marxe sur (de oeste a leste) editar