Lingua akawaio

lingua
(Redirección desde «Akawaio»)

O akawaio é unha lingua caribe que se fala en Güiana, Venezuela e o Brasil.

Akawaio
Falado en: Güiana, Brasil, Venezuela
Rexións: Cuyuni-Mazaruni, Roraima, Bolívar
Total de falantes: 6481
Familia: Linguas caribes
 Akawaio
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ake
Mapa
Status

Falantes editar

En total son 6.481, distribuídos en:

Distribución xeográfica editar

En Güiana fálase na rexión centro occidental, nas bacías do alto río Mazanurí e dos seus afluentes Potaro, Ireng e Cotingo. No Brasil fálase en Roraima, aquí a lingua recibe o nome de ingarikó. En Venezuela vive unha comunidade que chegou en 1969, trala rebelión de Rupununi, actualmente localizados en San Martín del Turumbán e algúns casaríos dispersos no estado de Bolívar (Venezuela)

Usos sociais editar

Spike Gildea e Desrey Fox[3], lingüistas da Universidade Rice desenvolveron unha ortografía para a lingua, que empregan as comunidades da Güiana, aínda que xa antes os misioneiros desenvolveron formas escritas da lingua e en 1873 traduciron partes da Biblia ao akawaio.

Notas editar

  1. Catherine Alès et al. Caminos cruzados: ensayos en antropología social, etnoecología y etnoeducación. IRD éditions, 2003, páxina 480
  2. Pobos Indíxenas no Brasil
  3. Masayoshi Shibatani The Grammar of Causation and Interpersonal Manipulation. John Benjamins Publishing Company, 2002, páxina 369

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar