Ajin (亜人 Ajin?) é un manga xaponés escrito e ilustrado por Gamon Sakurai. Foi adaptado a unha triloxía de filmes anime por Polygon Pictures entre novembro de 2015 e setembro de 2016. Unha adaptación a anime emitiuse nunha primeira temporada entre xaneiro e abril de 2016 e a segunda entre o 8 de outubro e o 24 de decembro de 2016.

Ajin
亜人
(Ajin)
Manga Ajin
Creado por Gamon Sakurai
Editor good! Afternoon
Publicado en Kodansha
Primeira edición 6 de xullo de 2012
Última edición 5 de febreiro de 2021
Núm. de volumes 17
Anime Ajin
Dirixido por Hiroyuki Seshita
Estudio Polygon Pictures
Canle televisiva Netflix (streaming)
Sentai Filmworks (vídeo)
Primeira emisión 16 de xaneiro de 2016
Última emisión 24 de decembro de 2016
Núm. de capítulos 26
Filmes

Ajin Part 1: Shōdō (27 de novembro de 2015)
Ajin Part 2: Shōtotsu (6 de maio de 2016)
Ajin Part 3: Shōgeki (23 de setembro de 2016)

Sinopse editar

Conta a historia dun estudante xaponés chamado Kei Nagai (永井 圭 Nagai Kei?), quen descobre é un inmortal "Ajin" cando é atropelado por un camión. Dende ese intre, convértese nunha persoa moi buscada porque os ajin son considerado seres inhumanos perigosos. A única persoa que o apoia é o seu amigo de infancia, Kaito. O goberno, que di buscar ós ajin para axudalos a vivir nun ambiente seguro, en realidade está utilizándoos en experimentos crueis e inhumanos. Como resultado, os ajin que fuxiron dos experimentos buscan vinganza contra o goberno.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar