Aitor Aranzabe

futbolista vasco

Aitor Aranzabe Etxabe, nado en Zaldibia o 28 de xuño de 1998, é un futbolista vasco, que xoga como extremo esquerdo no Real Unión, da Primeira División RFEF.

Infotaula de personaAitor Aranzabe
Biografía
Nacemento(es) Aitor Aranzabe Etxabe Editar o valor em Wikidata
28 de xuño de 1998 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Zaldibia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Altura1,76 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoExtremo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Deporte base
2013-2017 Real Sociedad Editar o valor em Wikidata
  Equipo enllaç= enllaç=
2017-2019 Real Sociedad C 32(4)
2019-2020cesión Real Unión Club 23(1)
2020-2021 Real Sociedad B 21(0)
2021-2022 Club Deportivo Tudelano 34(1)
2022-2024 Sestao River Club 71(8)
2024- Real Unión Club Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Formouse como futbolista na canteira da Real Sociedad, na que ingresou aos 15 anos.[1] Xogou co equipo xuvenil na División de Honra e na tempada 2017/18 debutou coa Real Sociedad C na Terceira División, equipo ao que pasou totalmente na seguinte tempada e ao que capitaneou.[2] Para a tempada 2019/20 saíu cedido ao Real Unión, da Segunda División B,[2] co que disputou 23 partidos, anotando un gol ante o Salamanca. De regreso en Vitoria, militou na Real Sociedad B, proclamándose campión do Grupo II da Segunda B e logrando o ascenso á Segunda División.

Xa desvencellado da Real, en 2021 fichou polo Tudelano, co que debutou na Primeira División RFEF, competición que celebraba a súa primeira edición, pero non puido manter a categoría. A continuación pasou ao Sestao River, da Segunda División RFEF, co que conseguiu o ascenso á Primeira RFEF como campión de grupo. Contribuíu cun total de 32 partidos e 2 goles, e o seu contrato foi renovado por dúas tempadas máis.[3]

Continuou como titular indiscutible na categoría de bronce, disputando un total de 39 encontros encontros na tempada, 36 deles saíndo dende o inicio, e anotou 6 goles. En xuño de 2024 anunciouse o seu regreso ao Real Unión, da mesma categoría.[4]

  1. "Aitor Aranzabe e Iñaki Recio han sido presentados" (en castelán). 12 de xullo de 2019. Consultado o 14 de decembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Aranzabe y Recio, cerca de llegar al Real Unión procedentes de la Real" (en castelán). 4 de xullo de 2019. Consultado o 14 de decembro de 2023. 
  3. Olazabal, Peru (28 de xuño de 2023). "Se despeja la última incógnita del Sestao River" (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2023. 
  4. "Aitor Aranzabe firma con el Real Unión" (en castelán). 3 de xullo de 2024. Consultado o 4 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar