Airbus Group

Airbus Group SE é un grupo aerospacial e de defensa europeo. Entre as empresas participantes está Airbus dedicada á produción de avións comerciais e Airbus Military que manufactura avións militares. Eurocopter, o principal subministrador mundial de helicópteros; Astrium, líder europeo en programas espaciais desde o Ariane ata o Galileo; e Cassidian que produce sistemas de seguridade e defensa.

Airbus Group
Airbus Logo 2017.svg
"European Technology Made in Europe"
Taufkirchen EADS.jpg
Oficinas de EADS en Taufkirchen, Alemaña.
TipoSociedade Anónima
Fundación1958
LocalizaciónNeiden, Países Baixos Países Baixos
Blagnac, Flag of France.svg Francia
IndustriaAeronáutica
ProdutosAvións, helicópteros, armas
Beneficio56.480 millóns de € en 2012
Número de empregados143.358 – xuño de 2013
Páxina webairbus-group.com
editar datos en Wikidata ]

EADS formouse o 10 de xullo de 2000 coa unión de Aérospatiale-Matra de Francia, DaimlerChrysler Aerospace AG (DASA) de Alemaña e Construcciones Aeronáuticas SA (CASA) de España operando baixo a lexislación neerlandesa con sede social en Leiden[1]. EADS é o socio principal no consorcio Eurofighter e ten un papel prominente no provedor de sistemas de mísiles MBDA. No ano 2009, EADS tivo uns ingresos de 42.820 millóns de euros, empregando a 119,500 traballadores.

Principais produtosEditar

 
Airbus A380
 
Eurofighter Typhoon
 
Eurocopter Tiger

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar